Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Fronteiras). Caos : una asociación fronteriza pide amparo a la CE y otra felicita a Cabrita

Los municipios ribereños del Miño no van a cesar en sus protestas mientras no logren lo que es justo y necesario. Todo parece indicar, por lo que manifiestan, que es el Ministerio portugués que dirige Eduardo Cabrita el que está poniendo más la proa a las reivindicaciones que desde hace semanas realizan los munícipes gallegos y portugueses.

O AECT ELEVARÁ Á COMISIÓN EUROPEA A SITUACIÓN DE DESAMPARO DAS PERSOAS TRABALLADORAS TRANSFRONTEIRIZAS DO MIÑO POLO PECHE DA FRONTEIRA.     

Xestionarase unha nova reunión urxente co goberno portugués por unha “fronteira aberta xa na súa totalidade e con horario pleno”

Nos vindeiros días haberá máis accións simbólicas de protesta “intentando conter o ánimo exaltado” de empresas e persoal


“Fronteira aberta xa na súa totalidade e con horario pleno”. Esa é a reivindicación na que as alcaldesas e alcaldes do territorio miñoto insistiron hoxe convocados polo AECT Rio Miño e pola que decidiron endurecer as súas accións: continuarán dando pasos pola vía institucional ante a Unión Europea e o ministro de Administración Interna de Portugal, pero tamén organizarán novas accións simbólicas de movilización social para chamar a atención dun territorio que se sinte afogado e tamén “ninguneado” polos gobernos de Madrid e Lisboa.

Segundo explica o vicedirector do AECT Rio Miño Uxío Benítez, unha das decisións da reunión dos 26 alcaldes e alcaldesas foi elevar á Comisión Europea a situación de desamparo das persoas traballadoras e das empresas, xa que a do Miño é a fronteira máis dinámica de toda Europa e un peche como o existente “non se dá noutros territorios”. “Imos remitir un comunicado e pedir auxilio para que interceda ante os estados”, enfatizou.

Tamén se manterán novos contactos co ministro de Administración Interna de Portugal Eduardo Cabrita, a quen se lle instará a revocar a situación actual nunha reunión convocada de urxencia, xa que ata o de agora o país veciño foi o que amosou as maiores reticencias á apertura de novos pasos autorizados na ‘raia’.

Esas medidas institucionais, abondou Benítez, terán acompañamento tamén en novas accións simbólicas de protesta e mobilización social. “Os ánimos das empresas, transportistas e persoas traballadoras transfronteirizas están moi exaltados, e dende o AECT estaremos mediando ante medidas máis drásticas e contendo o malestar, pero amosaremos con claridade que a este territorio do Miño non se lle pode ningunear porque iso só produce máis cabreo e indignación entre a cidadanía”, subliñou o nacionalista.

Benítez destacou que o AECT reclamará compensacións económicas para as e os traballadores que están afectados polo peche das fronteiras. “Non só hai custes de combustible, senón tamén de tempo. Hai persoas que saen unha hora antes para ir ao seu traballo e, ao estar dúas horas no paso da fronteira, chegan tarde e deben recuperar esas horas perdidas quedando ao rematar a xornada nos seus postos… Iso ten un custe non só económico senón tamén anímico. E xa que non se pode compensar polos problemas psicolóxicos, alomenos polos económicos”, insistiu.

O vicedirector subliñou que hai unha profunda indignación e incomprensión nos alcaldes e alcaldesas do territorio miñoto “ante esta decisión dos estados que non escoitan ao territorio e non escoitan a problemática que existe na fronteira máis dinámica e máis poboada e máis relacións sociais entre España e Portugal e unha das máis dinámicas de Europa. Non entenden esta realidade e non fixeron caso ás nosas reivindicacións de abrir os pasos cos controis sanitarios necesarios. Hai máis de 6.000 traballadores afectados que teñen un custe en tempo e diñeiro para acceder aos seus postos”, insistiu.

Finalmente, Benítez fixo fincapé no ofrecemento de colaboración dos concellos dunha e outra ribeira para a loxística da reapertura dos pasos. Reclamou tamén unha maior coordinación entre os estados e entre estes e os municipios afectados, criticando que moitos alcaldes e alcaldesas se enteraron das últimas modificacións dos pasos pola publicación do boletín portugués en lugar de por unha comunicación oficial directa.

“Queremos a apertura de todos os pasos 24 horas cos controis sanitarios necesarios e só para as persoas que están autorizadas, traballadoras, transportistas… Non queremos que pase ninguén máis das persoas que deben”, insistiu.

Sin embargo, desde otro organismo transfronterizo, la AECT DA EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL, emitieron este mismo día una nota en la que... ¡pásmense! : felicitan al Gobierno portugueses. Dice así la nota :

"A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP, AECT) felicita ao Goberno de Portugal pola decisión tomada o pasado venres polo Ministerio da Administración Interna para que desde este luns comezasen a funcionar os novos postos de control na fronteira entre Melgaço e Arbo, así como de Montealegre e Baltar, dous dos novos puntos de paso no alto Miño.
Estes novos pasos estarán autorizados só ao transporte internacional de mercadorías, traballadores transfronteirizos coas debidas declaracións das entidades patronais e de vehículos de emerxencia e socorro e servizo de urxencia. Este axuste de horario á circulación entre fronteiras só estará dispoñible das 06,00 ás 09,00 horas da mañá e entre as 17,00 e ás 19,00 horas de co obxectivo de atender da mellor forma as necesidades a ambos os lados da fronteira.
Cómpre resaltar o esforzo das empresas ubicadas aos dous lados da fronteira que con estas restricións vense máis afectadas co aumento dos custos derivados do aumento das distancias percorridas, así como aos traballadores transfronteirizos que se ven obrigados a circular polos puntos fronteirizos dispoñibles e que, en moitos casos, supera a media dos 100 quilómetros diarios.
Deste xeito, a AECT avaliará xunto coa Xunta e a Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDR-N) a evolución da situación en canto ao peche de fronteiras co obxectivo de limitar no posible o impacto negativo na zona de raia garantindo sempre a saúde dos cidadáns a ambos lados da fronteira".



 

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement