Frontal oposición del Bloque a la reforma (“vixiar, punir e restrinxir dereitos") de "Lei de Saúde" que aprobará el PP

O BNG rexeita en Vigo a reforma da Lei de Saúde por reducirse a máis multas e non a máis recursos para a Sanidade pública galega. A fronte n...

O BNG rexeita en Vigo a reforma da Lei de Saúde por reducirse a máis multas e non a máis recursos para a Sanidade pública galega.

A fronte nacionalista acusa o PP de promover unha “contrareforma sanitaria” baseada en “vixiar, punir e restrinxir dereitos, cunha especie de estado de alarma permanente”.

Demandan que se revertan as políticas de recortes e privatizacións aplicadas pola Xunta nos últimos anos lembrando que “as multas non curan, pero máis persoal sanitario e máis medios na Sanidade pública, si”.


O Bloque Nacionalista Galego expresou hoxe en Vigo o seu rexeitamento á proposta de reforma da Lei de Saúde que promove o Partido Popular. A fronte nacionalista denuncia que esta modificación redúcese a medidas de “orde pública”, co alargamento do réxime sancionador, en troca de recoller o aumento dos medios materiais e humanos para reforzar a rede sanitaria pública.

A deputada do BNG no Parlamento galego, Alexandra Fernández, alertou de que a semana próxima debaterase na cámara unha “contrarreforma da Lei de Saúde”. A este respeito apuntou que a proposta do Partido Popular evidencia que hai dúas formas, diametralmente opostas, de entender como debemos saír da actual pandemia. “No BNG cremos que pasa por aumentar os recursos e mellorar a xestión da sanidade pública, mentres que o PP o único que pretende é vixiar, punir e restrinxir dereitos, cunha especie de estado de alarma permanente”, explicou.

Fernández, lembra que os problemas sanitarios en Galiza non se limitan aos derivados da Covid, como pode ser o agravamento da falla de diagnóstico doutras doenzas, como é o caso do cancro, o aumento das listas de agarda ou a falla de atención a doenzas mentais. “Estamos a enfrontar problemas sanitarios e o PP pretende tratalo como un problema de orde pública”, apunta, un afán co que, na súa opinión, o executivo de Feixóo pretende fuxir das súas responsabilidades derivadas dos recortes que fan colapsar a sanidade pública galega. Desde o Bloque critican ademais que o Partido Popular pretenda abordar esta modificación legal “pola porta de atrás, cunha vía de urxencia que quere limitar o debate social”.

O rexeitamento dos nacionalistas a esta reforma legal substanciouse tamén nunha batería de emendas nas que demandan o reforzamento o sistema sanitario público, dotándoo de máis profesionais e de máis medios, a recuperación das áreas sanitarias comarcais e mellorar o servizo de rastrexo fronte á Covid19. Adicionalmente reclaman que se aposte por unha investigación sanitaria forte. “As multas non curan, o que cura é ter máis persoal sanitario. Esa é a nosa alternativa”, resume Fernández.

En palabras do portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, a modificación lexislativa promovida polo PP é “absolutamente delirante”. “O que propón o PP fronte aos reptos sanitarios derivados da pandemia e diante da situación límite en moitos ámbitos da rede sanitaria pública é apostar por multas, sancións e por represión, insistindo nese relato de que os problemas de saúde pública son apenas consecuencia da irresponsabilidade individual”, argumentou.

Igrexas contrapón á tese dos populares que “na area sanitaria de Vigo sabemos moi ben que o que hai que facer para fortalecer os dereito das viguesas e dos vigueses, das galegas e dos galegos, á saúde é reverter as políticas de recortes, privatización e desmantelamento da sanidade pública que a Xunta do PP leva promovido nos últimos anos.” Unha mudanza na política sanitaria que o edil nacionalista concreta na reversión do modelo privatizador imposto para o hospital Álvaro Cunqueiro, na incorporación de Povisa na rede Sergas e no reforzo da atención primaria e dos servizos de emerxencia que atravesan, segundo apuntou, unha situación límite na área sanitaria viguesa.
“A saúde protéxese con máis persoal sanitario e mellores recursos, non con multas nin con sancións, senón asegurando o dereito a unha sanidade cento por cento pública, universal e de calidade”, remachou.

Alexandra Fernández (BNG)


 

RÍAS BAIXAS TRIBUNA es una web de información, análisis, divulgación y crítica, contemplada en un planteamiento totalmente ajeno a lo comercial. El autor de RÍAS BAIXAS TRIBUNA no contrata publicidad alguna, ni tampoco recibe dinero alguno por la labor que realiza, lo que resulta suficientemente explicado en notas a pié de página de este site.
Salvo aquellos en donde hay referencia a sus autores o cita expresa con la firma de los mismos, todos los trabajos publicados en la web corresponden a la autoría directa del autor-director-editor de este site, o bien a hacerse eco -en todo o en parte- de informaciones, ideas, opiniones, imágenes y notas de prensa emitidas por terceros.
Sea como fuere : las opiniones vertidas en RÍAS BAIXAS TRIBUNA son de exclusiva responsabilidad de quienes las emiten y no representan, necesariamente, el pensamiento de esta publicación, por lo que el autor de esta web no se hace responsable -salvo aquellas que le son propias- de las ideas, datos, imágenes y opiniones de otros aquí reflejadas.
Nombre

-A EURORREGIÂO,198,-CORTOS Y DIRECTOS,27,-EL OCIO-TURISMO,44,-FRONTERAS,45,-LA CULTURA,54,-LA EURORREGIÓN,187,-LA VIDA,140,-Las Cosas de la Vida,2,-LAS OPINIONES,52,-LAS PERSONAS,52,-LOS DEPORTES,114,-m,1,-MAIS PORTUGAL,88,-MÁS ESPAÑA,53,-Ocio/Deportes/Espectáculos,1,-PORTADA,91,-PORTADA),224,-Y ADEMÁS...,62,+ GALICIA,1,1-EURORREGIÓN,330,10-OCIO-ESPECTACULOS,35,11-PORTUGAL TAMBIÉN,89,12-ESPAÑA TAMBIÉN,42,13-MÁS DE PORTADA,8,2-GALICIA,108,3-PORTUGAL,41,4-LAS COSAS DE LA VIDA,251,5 ASUNTOS DE PORTADA EN RÍAS BAIXAS TRIBUNA,470,5-OPINIÓN,82,6-OCIO-DEPORTES-ESPECTÁCULOS,157,7-MÁS EURORREGIÓN,151,8-EL ÚLTIMO PARTE,48,CAJÓN DE SASTRE,280,CORONAVIRUS,74,CORTOS Y LARGOS,6,CULTURA Y ESPECTÁCULOS,19,DEPORTES,311,EL ÚLTIMO PARTE,24,ESPAÑA,295,ESTAS TIERRAS Y ESTAS GENTES,12,EURORREGIÂO,16,EURORREGIÓN,35,EURORREXIÓN,39,FERROCARRIL,231,GALICIA,1125,GALICIA SUR,127,INTERNACIONAL,73,LAS COSAS DE LA VIDA,583,LOS DEPORTES,16,MAIS PORTUGAL,23,MÁS ESPAÑA,8,MÁS GALICIA,186,MASS-MEDIA,467,Medios de Comunicación,6,OCIO,173,OCIO-ESPECTÁCULOS,149,OCIO-TURISMO,219,OPINION,127,Opinión,8,OTRA PORTADA,10,PIE DE FOTO,7,PONTEVEDRA,190,PORTADA,39,PORTUGAL,573,PORTUGAL NORTE,67,PROVINCIA,617,PUNTOS DE VISTA,16,REPORTAJES,2,REPORTAJES-ARTÍCULOS,44,RETRATOS,76,SPORTING DE BRAGA,145,TAUROMAQUIA,138,VIAJES,3,VIGO,284,
ltr
item
RÍAS BAIXAS TRIBUNA: Frontal oposición del Bloque a la reforma (“vixiar, punir e restrinxir dereitos") de "Lei de Saúde" que aprobará el PP
Frontal oposición del Bloque a la reforma (“vixiar, punir e restrinxir dereitos") de "Lei de Saúde" que aprobará el PP
https://1.bp.blogspot.com/-0at5coW9_mw/YDFsMMWXT1I/AAAAAAAA8o0/wuGDJyxxltMrWegwjy8zTVx-OUagfcdrgCLcBGAsYHQ/w640-h384/Captura%2Bde%2Bpantalla%2B2021-02-20%2Ba%2Blas%2B20.07.50.png
https://1.bp.blogspot.com/-0at5coW9_mw/YDFsMMWXT1I/AAAAAAAA8o0/wuGDJyxxltMrWegwjy8zTVx-OUagfcdrgCLcBGAsYHQ/s72-w640-c-h384/Captura%2Bde%2Bpantalla%2B2021-02-20%2Ba%2Blas%2B20.07.50.png
RÍAS BAIXAS TRIBUNA
https://www.riasbaixastribuna.com/2021/02/frontal-oposicion-del-bloque-la-reforma.html
https://www.riasbaixastribuna.com/
https://www.riasbaixastribuna.com/
https://www.riasbaixastribuna.com/2021/02/frontal-oposicion-del-bloque-la-reforma.html
true
1496149115088572514
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content