Un sinxelo preparado para asaltar grandes citas Deleiba forma parte dos cartaces das vindeiras edicións do festival de punk de grande form...
Un sinxelo preparado para asaltar grandes citas
Deleiba forma parte dos cartaces das vindeiras edicións do festival de punk de grande formato Tsunami Xixón e do Festival das Carrilanas de Esteiro, citas programadas para este verán mais cuxa celebración segue a ser unha incógnita.
Pendentes dunha evolución da pandemia que lles permita voltar aos escenarios, semella máis acertado ca nunca o retrouso deste novo traballo: “Cada vez que me tumben, reunirei as forzas para erguerme”.
ERGUERSE
Os roles de xénero na infancia e a liberdade sexual protagonizan o novo videoclip da banda de Muros, Deleiba, que se presenta este mércores 17 de febreiro
A pandemia implicou unha freada en seco do panorama musical. A pesares das dificultades, Deleiba puxo toda a carne no asador para presentar un novo sinxelo de alta octanaxe: Erguerse. Desta vez, a banda contou coa produción musical de Iago Pico en Pouland Studios, protagonista de producións de grandes bandas galegas como Nao ou Tanxugueiras.
Un videoclip de vangarda
O videoclip inclúe tres historias que xiran en torno á liberdade sexual, os roles de xénero na infancia e a superación persoal ante a perda dun ser querido. Mostra unha aposta firme pola estética e o sutil, con ubicacións tan emblemáticas como a Fábrica de Sel de Muros, museo marítimo e actual sede do Clube de Remo muradán, berce de moitos deportistas da contorna ao que cada vez se unen máis rapazas.
O video nace dunha colaboración de primeiro nivel baixo a dirección de Daniel Pérez e a fotografía de Pedro Galbán, contando ademais coa produción de Inés Duport e Luis Santaolalla (ambos da produtora Lunes Films) e David Suárez.
Xuntos, conforman un equipo que se está a consolidar como referente da nova fornada de profesionais do audiovisual galego.
Créditos do videoclip
Dirección: Daniel Pérez.
Dirección de Fotografía e etalonaxe: Pedro Galbán.
Xefa de produción e arte: Inés Duport.
Primeiro axudante de cámara: Luis Santaolalla.
Eléctrico: David Suárez.
Maquillaxe e peiteado: Myriam González e Inés Duport.
Montaxe: Daniel Perez e Pedro Galbán.
ERGUERSE
Nesta nova aventura, a evolución da banda consolídase coa incorporación de novas influencias á base rockeira do quinteto muradán, sempre tinguida por letras que transmiten unha mensaxe de superación ante os obstáculos impostos pola vida e o sistema.
Grafismo: Daniel Méndez.
Actriz principal e bailarina: Myriam González.
Reparto: Laura Rubianes, José Fernández, Daniel Liñares, Leo Mosqueira,
Hadrián Carballo, Eva Carballo, Simón Balayo e María Balayo.
Fotografías por Lunes Films.