Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Elogio a la labor incansable que realiza la Estación Fitopatolóxica Areeiro




A Estación Fitopatolóxica Areeiro revisou no 2020 máis de 400 árbores pertencentes a 20 espazos verdes de 14 concellos da provincia

Malia pandemia, a EFA seguiu a recibir peticións para avaliar o estado xeral ou o risco dos exemplares e, nalgúns casos, de particulares propietarios/as de árbores senlleiras

No marco da intensa labor en materia forestal e agraria que desenvolve na provincia, a Estación Areeiro da Deputación de Pontevedra tamén leva a cabo ao longo do ano unha labor de avaliación do estado xeral e do risco que poden presentar as árbores de espazos verdes dos municipios da provincia, a petición dos propios concellos. Deste xeito, ao longo do pasado 2020 e malia pandemia, a EFA examinou máis de 400 árbores dunha vintena de espazos nun total de 14 concellos (Baiona, A Estrada, Pontevedra, Tomiño, Mondariz, Mondariz-Balneario, Marín, Caldas, Vilagarcía, Tui, Ribadumia, Bueu, Cerdedo-Cotobade e Cambados).

Da citada cifra de 400 árbores, preto de 300 corresponden aos examinados en espazos municipais como áreas axardinadas, prazas, paseos e vías, mentres que outro centenar formaba parte de espazos verdes forestais ou áreas recreativas. O balance supón un incremento respecto das solicitudes recibidas no 2019, que realizaron naquel ano doce concellos da provincia. As peticións foron moi variadas, desde as propias solicitudes das avaliacións do estado das árbores e as actuacións a desenvolver segundo o observado, ata a petición de consellos para a recuperación de espazos verdes máis ou menos abandonados. Neste senso, o tipo de avaliación variou segundo o estado observado ao chegar ao lugar e uns 200 árbores requiriron unha análise detallada pé a pé. No que respecta ás especies avaliadas foron diversas, aínda que os plátanos de sombra foron os dominantes este pasado ano, seguidos por carballos, piñeiros, tileiros, sobreiras, sequoias e outras.

Areeiro recibiu tamén algunhas solicitudes de particulares, que se atenden só no caso de que se trate dunha situación especial como o é árbores ou formacións senlleiras recollidas no Decreto 67/2007 do 22 de marzo, que regula o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, e sempre que se reciba coa correspondente documentación de inspección e toma de mostras. No 2020 unha solicitude proviu da propietaria dun deses pés.

Os estudos inícianse sempre cunha avaliación visual do espazo, para determinar as condicións nas que medran as árbores. Despois segue o exame do exemplar, tamén visual analizando todas as partes da árbore, e complementada, se é preciso, con instrumentos de diagnóstico como o tomógrafo de impulsos sonoros, o resistógrafo e outros. Ás veces, especialmente cando se observan síntomas, tamén se toman mostras de solo ou da planta para facer as análises fitopatolóxicas e edafolóxicas nos laboratorios da EFA. Do estudo pormenorizado do conxunto de datos obtido con estes procedementos elabórase o informe, onde se indican os defectos observados, a situación estrutural e fitopatolóxica das árbores e as recomendacións de actuación.

Entre os problemas atopados nos distintos espazos figuran a excesiva densidade, copas de árbores que se interfiren entre si, formas e portes moi alterados por actuacións humanas realizadas no pasado e non mantidas no tempo, fallos nos cortes de poda, troncos sinuosos, engrosamentos a diferentes niveis, abundantes brotes chupóns, protuberancias con tecido desorganizado, copas desequilibradas, ocos con madeira seca, tocos vellos en descomposición, rachos de ramas de diferente diámetro sen sanear, ramas secas ou solos pavimentados ou excesivamente compactados, entre outras.

En canto ás actuacións aconselladas, en moitas ocasións implican operacións que deben ser realizadas por persoal cualificado e experto, (debe facelas unha empresa especializada), e no resto pode executalas o persoal propio do concello, pero en todo caso Areeiro aporta as recomendacións básicas a seguir.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement