Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

El PP provincial cree que el "caso O Porriño" ya salpica al Gobierno de la Deputación


El PP provincial de Pontevedra advierte que "a situación do Concello do Porriño é un escándalo que salpica ao Goberno da Deputación de Pontevedra".

Explican os populares que "Manuel Carrera, o concelleiro do partido independente que deu a alcaldía a Eva García de la Torre e que está imputado pola trama clientelar do Porriño, é asesor da institución provincial".

Piden a Carmela Silva o cese inmediato de Carrera como asesor delegado na Deputación.


O grupo provincial do Partido Popular de Pontevedra advertiu esta mañá que a situación do Concello do Porriño “é un escándalo maiúsculo, intolerable, que traspasa ao propio concello e salpica ao Goberno provincial e á Deputación de Pontevedra”.
Así o sinalaron o voceiro provincial do PP, Jorge Cubela, e o presidente local do Porriño e deputado provincial, Alejandro Lorenzo, nunha rolda de prensa na que estiveron acompañados polos tamén deputados populares Alfonso Marnotes, Elena Estévez, Miguel Domínguez e Javier Tourís.

Os populares recordaron que "a socialista Eva García de la Torre é alcaldesa do Porriño, con catro concelleiros, grazas ao voto decisivo de Manuel Carrera que, desde o pleno e investidura é asesor na Deputación de Pontevedra". Concretamente, explicaron que "é administrativo delegado do grupo provincial do PSOE, e ten un custe anual para a Deputación de Pontevedra de 48.964,32 euros".
“Un posto de confianza que é fundamental para manter na alcaldía de Porriño á alcaldesa que máis veces pasou polo xulgado, e a que máis sentenzas está acumulando por contratos a dedo e ilegais”, dixo Cubela que, engadiu, “o seu voto non só foi decisivo para manter na alcaldía a Eva García de la Torre e ao PSOE, senón que tamén foi fundamental para manter a rede clientelar de contratacións a dedo sen contrato algún, facilitando pagos en recoñecementos extraxudiciais que son competencia do pleno se non existe partida orzamentaria, situación pola que Carrera tamén está imputado”.
Ao respecto, critica Cubela o “silencio cómplice de Carmela Silva e do PSOE provincial”, e apuntou que, “ademais, Eva García de la Torre é secretaria de xustiza do partido a nivel provincial”.
“Por todo isto entendemos que algo terá que dicir Carmela Silva desta situación. É momento de que dea explicacións claras e contundentes. Cal é o papel de Manuel Carrera como asesor delegado na Deputación de Pontevedra? Que pensa facer o grupo provincial do PSOE? Carrera non pode continuar nin un minuto máis como asesor delegado do PSOE na Deputación de Pontevedra”.

Nesta mesma liña se manifestou Alejandro Lorenzo, que dixo que a situación no Porriño “é moi grave, un fraude”, e valorou que as diferentes sentenzas do Contencioso-Administrativo "están dando a razón ao que o Partido Popular do Porriño vén denunciando desde 2017". Estas sentenzas, apuntou Lorenzo, "din que unha empresa facturou nos últimos anos preto de 300 mil euros e o fixo a dedo, e que outra empresa facturou máis de 1 millón de euros para o Concello do Porriño, confirmando ademais, que houbo contratación irregular, verbal e sistemática a diferentes empresas”.
Lorenzo explicou tamén que o Concello de Porriño pagou nos últimos cinco anos facturas por importe de 16 millóns de euros levantando os reparos do interventor municipal. Pero, "ademais, é o Concello que máis facturas debe de toda Galicia por impago. Facturas por importe de 4,8 millóns de euros que debe, de contratos feitos de xeito verbal e adxudicados a dedo, que están no caixón".
“As facturas dos servizos de mantemento de piscina municipal, recollida de lixo, luz, teléfono, son rexeitadas por ausencia de contrato a pesar de ter partida orzamentaria, tamén obras ou subministros que son conformados con partes de traballo e logo o concelleiro ou alcaldesa rexeitaban as facturas para que non se fiscalicen nada polo servizo de intervención e retirala da contabilidade”, engadiu. Falou Lorenzo de numerosas empresas que facturan a este concello que “non xeran emprego ou riqueza no Porriño que comparten administrador e facturas con cantidades millonarias de euros e sen contrato”.
Estas empresas, continuou o popular, “reclaman nos contenciosos o pago das súas facturas, baixo a suposta conivencia do concello que, ante a reclamación previa administrativa non contesta nada e a empresa se ve abocada a facer unha reclamación xudicial esperando unha sentenza favorable”.
Unha situación agravada ademais, insiste, "porque estanse xerando uns costes elevadísimos para o Concello do Porriño das costas xudicias de todas as empresas que reclamaron e están reclamando o impago destas facturas no Contencioso-Administrativo".

Cubela (izquierda) y Lorenzo, en primer plano de su comparecencia


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement