El nuevo diputado se llama Juan Constenla y es de A Estrada...

Juan Constenla toma posesión da súa acta como deputado nacional. O tenente de alcalde da Estrada, Juan Constenla, tomou hoxe posesión como deputado nacional do Grupo Popular no Congreso. Foi na sesión que se celebrou esta tarde na cámara baixa, na que vai substituír á alcaldesa de Marín, María Ramallo. Constenla agradece a confianza do partido, e comprométese “a traballar de xeito comprometido para trasladar as necesidades de demandas dos concellos e representar á provincia en Madrid”. Incorpórase así ao grupo de deputados nacionais e senadores do PP de Pontevedra, con Diego Gago e Javier Bas no congreso, e Pilar Rojo, Javier Guerra e Elena Muñoz no Senado.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.