Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

El BNG está al acecho ante anomalías en el proceso de vacunación

O BNG, a través do seu deputado
responsábel de educación, Manuel Lourenzo, vén de denunciar o caos
que se está a producir nos primeiros días de vacinación do
profesorado no hospital Montecelo, en Pontevedra, con “dúcias de ensinantes
amoreados e un mecanismo de vacinación nos que se mesturan
maiores e menores de 55 anos sen nengún tipo de criterio, e que
contradí as propias mensaxes da consellaría de Educación”.
Esta situación -di Manuel Lourenzo- vén demostrar a “política de
bandazos dunha consellaría de Educación que volve a demostrar
unha vez máis que non está áltura das circuntancias”.
"Desde o BNG esiximos que se solucionen estes problemas e se garanta
en todo momento a saúde do profesorado, e se respete o tempo deste
profesorado que ten estar agardando mesmo máis de dúas horas nuns
espazos que non permiten gardar distancias de seguridade.
O que está a acontecer coa vacinación do profesorado demostra que
o “relato do PP arredor da pandemia é tan só iso, un relato, e cando
avanzamos e vemos o que acontece na realidade atopámonos con
escenas como as destes días”.
“Dende o BNG esiximos solucións, respeto ao profesorado, e que se
garanta en todo momento a saúde do corpo docente deste país”,
afirmou Manuel Lourenzo

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement