Dejan bien claro que cerrar las fronteras de la raia solo sirve para empujar a los raianos hacia la miseria...

Un estudo do AECT Rio Miño realizado polo profesor Xavier Cobas na Universidade de Vigo reflexa que o efecto fronteira engadiu un perxuizo sobre o da COVID dun 12% e dun 19% respectivamente 

O PRIMEIRO CONFINAMENTO E O PECHE DA FRONTEIRA CON PORTUGAL PROVOCOU UNHA PERDA DE FACTURACIÓN DE MÁIS DE 92 MILLÓNS DE EUROS EN COMERCIO E HOSTALERÍA NO MIÑO 

O vicedirector Uxío Benítez esixe unha compensación económica ao territorio miñoto “porque o mal xa está feito” e anuncia a creación dun rexistro de persoas afectadas para as reclamacións


O primeiro confinamento e o peche da fronteira entre Pontevedra e Portugal na primeira vaga da pandemia, entre o 17 de marzo e o 30 de xuño de 2020, provocou unha perda de facturación de máis de 92 millóns de euros nos 26 concellos do territorio transfronteirizo do Miño. Esa é a principal conflusión do estudo encargado polo AECT Rio Miño ao doutor en Economía da Universidade de Vigo Xavier Covas, quen destacou que o perxuízo económico do actual peche será aínda moito maior.


Xunto ao vicedirector e deputado de Cooperación Transfronteiriza, Cobas presentou hoxe o estudo do impacto socioeconómico aos alcaldes e alcaldesas que conforman o Agrupamento Europeo de Cooperación Territerial Río Miño (AECT Miño), que levan revindicando dende hai un mes que se abran todos os pasos fronteirizos con Portugal polo daño que produce na economía. O traballo da UVigo confirmou as teses e para criticar o que consideran unha decisión inxusta para as persoas traballadoras e a economía do territorio miñoto e inútil para o control da pandemia. 


O informe dá varios datos demoledores sobre o sufrimento da economía nas dúas beiras do Miño, cun impacto na perda de facturación só no comercio e a hostalería (os sectores máis afectados) de 92 millóns de euros –equivalente a 23 millóns de euros de Valór Engadido Bruto-, segundo os datos oficiais facilitados polos gobernos centrais. Tamén se detectaron valores importantes de impacto no transporte e no sector inmobiliario, así como no ámbito fabril. 


Segundo destacou o profesor Cobas, todos estes ámbitos sufriron,  ademais da baixada de facturación pola pandemia, o efecto fronteira aumentando as perdas nun 12% no comercio en un 19% en hostalería e restauración a engadir á caída de ingresos de calquera outro negocio noutra ubicación, simplemente polo feito de que as persoas consumidoras non podían acceder dende o outro lado da ‘raia’.


Outra das cifras que se puxo sobre a mesa o estudo foi o número de horas de traballo perdidas pola espera no paso de Tui-Valença. Atendendo a un tempo medio de agarda de 15 minutos na ida e outros 15 na volta (cifra moi conservadora por detectarse largas colas de horas diariamente), e sabendo que no primeiro peche pasaron polo control 356.000 persoas, a economía da zona perdeu 180.000 horas efectivas. A estas, non estando contabilizadas, habería que sumar o tempo que as persoas traballadoras perderon tamén nos rodeos de centros de quilómetros por non estar habilitados controis en todas as pontes.


O peche de fronteira, explicou Cobas, afectou segundo os seus cálculos, a unas 25.000 persoas en toda a eurorrexión de Galiza-Norte de Portugal e a 10.000 dentro dos distritos de Pontevedra-Viana do Castelo, ben por ser persoas que viven e traballan en ambos dous lados da fronteira, porque viven nun lado e trababallan na outra marxe, ou porque non tendo relación coa zona as empresas operan en todo o territorio e obrigan ao desprazamento.


En canto á repercusión do último peche de fronteiras instaurado dende principios de ano, Cobas quixo ser tallante e subliñou que afectará de maneira moito máis negativa á economía, posto que no primeiro confinamento a actividade económica estaba prácticamente parada mentres que agora hai un maior índice de actividade. Así mesmo, o profesor subliñou que o actual peche dos pasos “é redundante e inútil” porque as persoas que van pasar a fronteira son as mesmas, só as autorizadas.


Rexistro para indemnizacións

Ante toda esta avalancha demoledora de datos, o vicedirector do AECT Rio Miño Uxío Benítez, manifestou que as e os alcaldes dos 26 municipios do territorio miñoto van solicitar compensacións económicas polas decisión de pechar a fronteira dos estados español e portugués. “O mal xa está feito abran agora os pasos ou dentro dun mes. Agora queremos que nos teña en conta e se nos compense polas perdas”, afirmou. 


Subliñou que como primeira medida o AECT presentará alegación sao programa operativo POCTEP 2021-2027 que está en fase de exposición pública e que, pese a ter como obxecto inxectar fondos nas fronteiras, “está deturpando os seus obxectivos destinando fondos a zonas non fronteirizas”. Solicitou, pois, que se garanta que os fondos se destinen ás zonas de raia e se creen partidas específicas para a zona do Miño. 


Por outra parte, anunciou a creación dun rexistro de persoas afectadas polo peche da fronteira que se xestionará a través do AECT e de todos os concellos implicados nunha oficina conxunta co fin de proceder á tramitación de posibles indemnizacións. “Queremos poñerlle cara a esta situación, facer un cómputo, porque as persoas traballadoras transfronteirizas están a perder entre 200 e 300 euros só en combustible polos desprazamentos ao non ter todos os pasos da fronteira abertos”, explicou. 


Así mesmo, presentarase unha moción nos 26 concellos para ter o refrendo democrático e reivindicar ante todas as institucións tanto a apertura inmediata dos pasos como as compensacións económicas polo peche. 


Para exemplificar o problema da fronteira, Benítez fixo a comparación do peche dos pasos con Portugal cun un posible peche da ponte de Rande para a economía galega. “O que estamos a vivir no Miño é como se para controlar a pandemia entre Pontevedra e Vigo pecharan a ponte de Rande e mandan a todas as persoas e mercadorías por Ponte Sampaio cun único control. Os que poden pasar, pasarán igual, pero sufrindo colas, rodeos e perdas de tempo”, destacou. 


Finalmente, o deputado e vicedirector do AECT lembrou que, á fin de facilitar o control de persoas transfronteirizas, é urxente a creación dunha tarxeta cidadá transfronteiriza para que nos controis haxa axilidade e non sexa preciso a comprobación de todos os papeis da documentación.

El profesor Martínez Cobas y el ideólogo de la AECT, Uxío Benítez.  (Foto : Rafa Estévez/Deputación)


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.