Concentración da “Hostalaría Guardesa” por un Plan de rescate real XA!
“Será unha mobilización a nivel galego, na Guarda temos que saír a rúa para salvar o noso emprego”
Este mércores 24 de febreiro ás 18:30 h, “Hostalaría Guardesa” convoca unha concentración na praza de Avelino Vicente, dentro da convocatoria que realiza a Plataforma pola Defensa da Hostalaría Galega á que está adherida.
A concentración realizarase en consonancia con outras a nivel galego, así haberá concentracións en concellos como Muros, Coruña, Pontevedra, Ribeira, Cangas, Bueu, Vilagarcía, ….
A hostalaría reclama un resgate e axudas directas para un dos sectores máis afectados polas restricións impostas pola Xunta de Galicia.
A demanda dun “Rescate Real XA! e a procura de solucións ante a pasividade das administracións públicas, fai que o conxunto do sector de una a nivel de toda Galicia para manter as reivindicacións e evitar, así, o peche masivo dun sector que agoniza por falta de apoio real das institucións.
Dende “Hostalaría Guardesa” animan a participar achegando elementos significativos da hostalaría para facer ruído.