Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Con Carlos Font al micrófono, nuevo ataque de Deputación de Pontevedra a la Xunta

 

A Deputación de Pontevedra rexeitou novamente esta mañá “o modelo ao que nos ten acostumados a Xunta de Galicia, baseado en que a administración autonómica propón e o mundo local e quen aporta os recursos”. Con esta aseveración resumiu o deputado Carlos Font a reunión desta mañá da Comisión Galega de Cooperación Local, na que a Deputación de Pontevedra  mostrou a súa desconformidade. “Volvemos doutra reunión que novamente foi un canto ao sol, na que a Xunta mostrou a súa verdadeira cara de administración centralista e a súa total falta de colaboración co mundo local”, sinalou.

Cumprindo cos principios da autonomía local, recollidos na Constitución, a Deputación de Pontevedra volveu a instar á Xunta a que estableza un auténtico Fondo Local, con transferencias de recursos baseadas en principios obxectivos, con equidade, e que respondan ás demandas que concellos e deputacións veñen reiterando desde fai 10 anos. Carlos Font defendeu que “ese Fondo ten que ser incondicionado para que sexan as entidades locais as que establezan prioridades e a urxente financiación para asegurar a garantía de dereitos e servizos”. Da mesma forma, a Deputación de Pontevedra esixiu á Xunta que cada vez que aprobe normas que signifiquen competencias engadidas, “esas normas veñan acompañadas dos recursos necesarios para poder financialas”. En calquera caso, dixo o deputado, a Xunta ten que asumir de forma urxente as competencias impropias que están costeando as administracións locais e, en particular, aquelas que teñen que ver coa atención a menores, formación como o caso da Escola de Enfermaría de Pontevedra, ou os sectores agrogandeiro e fitopatolóxico”. Por elo, engadiu, non imos participar en políticas ficticias ou comisións que nada aportan. O que de verdade cambiaría o exercicio da política local é que a Xunta transferise os recursos aos que ten dereitos o mundo local”.


Amais, a Deputación de Pontevedra reclamou á Xunta de Galicia a creación dunha Comisión de Fondos Europeos “para asegurar que aqueles que poida xestionar a administración autonómica cheguen a todo o territorio con criterios claros e transparentes”. O deputado sinalou que é moi fácil de entender. “Do mesmo xeito que a Xunta esixe ao goberno do Estado participar na xestión dos fondos europeos, as entidades locais esíxenllo á Xunta”.


Carlos Font tamén expresou o respaldo da Deputación de Pontevedra “a todas as reclamacións da Fegamp para que a Xunta asuma os custes de cuestións que son da súa competencia e que soportan os concellos, como o mantemento dos centros de ensino primario”. Tamén lamentou que no seu informe, a Xunta de Galicia  poña de exemplo a administracións “que están á cola en transferencias directas aos concellos, que se fan con principios que nada teñen que ver coa equidade, e onde o reparto de fondos só atende aos cores políticos”. “O modelo realmente transparente e democrático, afirmou o deputado, é o que establecen as deputacións de Pontevedra, A Coruña ou Lugo co Plan Concellos ou Plans Únicos. As propostas da Xunta son absolutamente contrarias ao modelo que defendemos as administracións locais”.


Deputación. Carlos Font azota a Alfonso Rueda (Xunta) y evidencia posiciones irreconciliables
Carlos Font

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement