Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Cerdedo-Cotobade. El Bloque y el Alcalde se enzarzan por los petroglifos

Ernesto Filgueira: “Trabúcase o Alcalde ao tentar desprestixiar ao BNG do que son portavoz municipal aludindo a unha subvención de hai 11 anos atrás, cando eu son concelleiro dende o 2019. Se quere xustificar o seu rexeitamento á moción do BNG en favor da recuperación e valorización dos petróglifos do concello que o faga cunha argumentación seria e coherente, se a ten”.

O pasado xovés 28, Ernesto Filgueira defendeu unha Moción do BNG que tiña como obxectivo a protección, valorización e promoción dos petróglifos de Cerdedo-Cotobade. Nela reclamábase que o goberno do PP instase á Xunta a activar un paquete de accións encamiñadas a recuperar a grande riqueza de arte rupestre existente no municipio "cuia situación é de total abandono por parte de Jorge Cubela após de 10 anos como Alcalde".

A comezos de decembro un prestixioso historiador local "relatounos como, grazas á sua intervención, os petróglifos da Laxe da Portela da Cruz -na baixada ao San Xusto- salváronse dunha tráxica agresión a causa duns traballos de limpeza a carón dos petróglifos catalogados como BIC, indicador do pasotismo, abandono e falla de aprecio por parte da administración local do PP". Ademáis, a Moción recollía á necesidade de poñelos en valor creando estacións sinalizadas, dotando ao municipio dun Centro de Interpretación e articular unha estratexia de creación de Identidade de Marca apoiada cunha campaña de promoción turística.

O BNG non entende como Cubela ataca a Ernesto Filgueira deslexitimando a súa actividade como Oposición -"sempre propositiva, responsábel e dialogante"- e trate de xustificar o seu voto contra á moción do BNG aludindo á perda dunha subvención do ano 2010 cando a traxectoria política de Filgueira remóntase ao ano 2019. O BNG  ínsta a Cubela "a voltar a un comportamento propio do cargo que ostenta e a seguir na senda do diálogo e dos acordos negociando unha nova moción que permita a recuperación dun patrimonio tan importante para o noso concello como son os petróglifos".



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement