Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Bueu. El Gobierno aprueba la declaración de interés municipal del campamento turístico de Udra


O goberno local de Bueu, conformado polos grupos de BNG e ACB, aprobou na sesión plenaria telemática deste luns, 1 de febreiro, a moción de apoio para a declaración de interese municipal do campamento Chan de Esqueiros – Udra, unha proposta demandada pola Comunidade de Montes de Beluso, que contou cos votos en contra do PSOE e a abstención do PP.

A declaración, que se levou ao pleno pola vía de urxencia, pretende amparar ao colectivo de montes co fin de que realice as consultas previas nos distintos organismos da Xunta de cara a estudar a viabilidade de construción dun campamento para auto caravanas, sobre todo nunha zona na que ano tras ano se “padecen os efectos do estacionamento prolongado de auto caravanas sen contar cos servizos precisos nin a infraestrutura mínima e cun impacto sobre a contorna natural”, como indica a proposta. Martín Villanueva, concelleiro de urbanismo, defendeu que “o que pretendemos é dar o noso apoio institucional para que a Comunidade poida actuar diante da Xunta e solicitar as autoridades e informes pertinentes, pois xa contamos cun precedente similar, como o campamento da Illa de Ons”.

Elena Estévez, voceira do PP, mostrou as súas dúbidas porque “aínda que somos conscientes de que existe un problema, esa localización non nos convence, xa que se trata dun espazo protexido”. Na mesma liña se manifestou José Manuel Vilas, polo PSOE, quen expuxo certas dúbidas como que existen outros lugares máis idóneos para situar esa área para caravanas e “non instalala nun lugar que non permiten as directrices e normativas”.

O pleno de onte serviu para debater tamén unha moción presentada polo PP na que se buscaba instar á Secretaría Xeral para o Deporte a asinar un convenio co Concello para o arranxo da cuberta do Pavillón Pablo Herbello, unha proposta que non saíu adiante, pois só contou cos votos favorables dos populares. Neste sentido, o voceiro do BNG, Xosé Leal, mostrou “sorpresa e estupefacción” diante desta moción que “unha vez máis parte de traballos que o Concello leva xestionando dende hai meses, e que este convenio suporía un investimento menor, unhas migallas que a Xunta quere darnos a Bueu e con iso pagar a débeda histórica que ten co municipio”. Leal reclamou, pois, unha proposta máis ambiciosa, que debería abordar unha actuación de mellora integral de todas as instalacións e infraestruturas deportivas a vila, “porque non somos menos ca calquera outro concello limítrofe”. Así mesmo, tanto o alcalde, Félix Juncal, como o vicealcalde, Julio Villanueva, alertaron de que a proposta non tiña sentido presentala ao pleno de onte, xusto cando no mesmo día pola mañá xa se recibira no Concello un borrador de convenio por parte da Secretaría Xeral para o Deporte sen que a institución municipal realizase ningún trámite previo nin o solicitase o que, unha vez máis “demostra a forma na que actúa o PP e como falta á lealdade institucional”. Co debate enriba da mesa, o grupo de goberno propuxo emendar a moción presentada polos populares e incluír unha mellora integral en todas as instalacións deportivas, a cal non foi aceptada e, polo tanto, a proposta non saíu adiante, ao contar só cos votos a favor do PP, e en contra de BNG, ACB e PSOE.

Por último, o pleno aprobou por unanimidade a supresión do rexistro municipal de unións de feito do Concello de Bueu. Segundo apuntou o alcalde, trátase de resolver unha cuestión de fai bastante tempo, pois agora o único rexistro válido e con plena legalidade é o autonómico. Este rexistro municipal estivo vixente dende o 2003 ata mediados de 2006, e nese tempo rexistráronse arredor de oitenta parellas.

A sesión completa pode verse na canle de YouTube do Concello de Bueu.





Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement