Ayudas a Hostelería. Deputación garantiza su 1% presupuestario

A Deputación de Pontevedra e os sectores da hostalería e o turismo da provincia pecharon hoxe, en sendos encontros en Vigo e Pontevedra, o compromiso da institución de destinar o 1% do seu orzamento a apoiar a estes colectivos tan duramente afectados pola pandemia. Os deputados Carlos Font e Santos Héctor convocaron unha primeira reunión na sede provincial en Vigo cos presidentes de Fehopros, da Asociación de Ocio Nocturno, e da Zona Náutico; e un segundo encontro en Pontevedra coa directiva da Asociación de Hostalería da comarca de Pontevedra (Hoempo). Os deputados trasladaron a “decisión firme da Deputación” de manter os seus compromisos co sector que, en palabras de Carlos Font, recibirá o 1% do presuposto da institución.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.