Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

AECT Rio Miño espera que Cabrita acepte reformular el control actual de fronteras

O Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial AECT Rio Miño manifestou hoxe que os concellos miñotos manteñen a “máxima expectativa” ante a posibilidade de apertura de máis pasos na fronteira con Portugal, unha medida que poderá ser concretada nos vindeiros días e que o ministro de Administración Interna de Portugal Eduardo Cabrita deixou aberta nunhas declaracións públicas. 

O vicedirector do AECT Uxío Benítez explicou que os presidentes de cámara portugueses mantiveron contactos informais co goberno central portugués, o máis ríxido á hora de manter o peche da raia, e salientou que "a pesar de non recibir información oficial, satisfacen as declaracións dadas por Eduardo  Cabrita, que deixou en aberto a posibilidade  de alterar horarios nas fronteiras terrestres ou o número de postos de paso obrigatoria”.


“Os concellos miñotos de Pontevedra e do Alto Minho agardan con moita  expetativa que, nos próximos días, sexa anunciado o  reverso total da medida actualmente en vigor relativamente ao peche das fronteiras, de forma que sirva aos reais e necesarios intereses das traballadoras e dos traballadores transfronteirizos, así como dos transportes de mercadorías", subliñou.


Benítez subliñou que é preciso que se abran todos os pasos existentes e se habiliten controis de maneira continua (24h) posto que, segundo subliñou, os horarios das empresas e do persoal laboral dunha e doutra beira do río son moi variados. Lembrou que o actual paso de Salvaterra, só aberto dúas horas pola mañá e dúas pola tarde, non supón ningún beneficio para traballadoras e traballadores, xa que ao traballar en quendas vense igualmente obrigados a cruzar o río a través do único paso autorizado de Tui por non coincidir os horarios. 

Benítez amosou a súa confianza en que a parte do goberno portugués reconsidere a situación, e lembrou que na parte española, oficialmente, o delegado do Goberno manifestou a súa disposición a abrir os pasos necesarios, mais sempre mediante un acordo diplomático cos mandatarios lusos. “Agardemos que o erro non se siga a manter”, subliñou.


A fronteira entre Pontevedra e o Alto Minho portugués ten 70 quilómetros, sendo o 5% dos 1.200 quilómetros de toda a raia ibérica, sen embargo asume o 50% de todo o tránsito de vehículos entre España e Portugal polas seis pontes sobre o Miño. Hai contabilizados arredor de 6.000 traballadores transfronteirizos que deben cruzar a fronteira diariamente. 


O pasado xoves, alcaldes e alcaldesas da raia protestaron polo actual peche de fronteiras e lanzaron un SOS. Aseguraron que se está a castigar aos traballadores e traballadoras transfronteirizos ao manter só un único paso aberto (o da ponte internacional de Tui), gastando cartos en combustible e tempo dando rodeos de ducias de quilómetros para acudir aos seus postos laborais, porque os gobernos centrais non poñen máis controis (guardas portugueses e garda civil) nos demais postos da fronteira.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement