Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

A Guarda) Baz denuncia remiendo en lugar de reforma integral de la plaza de abastos


Anxo Baz: “ O pleno aprobou a instancias do BNG a elaboración dun proxecto de reforma integral da Praza de Abastos, o Grupo de Goberno desvirtúa o acordo e limítase a facerlle outro remendo”

Despois de analizado o expediente de reforma da Praza de Abastos da Guarda, o BNG quere trasladar a opinión pública as seguintes consideracións :

A Praza de Abastos da Guarda ofrece alimentos de grandísima calidade cun nível de especialización moi alto en produtos do mar. Contamos tamén cunha longuísima experiencia profesional para poder acadar o recoñecemento de mercado de excelencia e así poder optar as axudas que para tal fin dispón a Xunta de Galiza.

A reforma plantexada polo Goberno Guardés non pasa de ser unha apaño para saír do paso que pode comprometer un proxecto de futuro. Conténtanse con un cambio do pavimento da parte superior, un acceso a terraza e a mellora dun posto por un importe total de 40.000 €.

O Portavoz Municipal do BNG, Anxo Baz manifesta “O Pleno do Concello a instancias do BNG aprobou a elaboración dun proxecto de reforma integral da praza de abastos para transformala nun mercado de excelencia , o Grupo de Goberno desvirtúa o acordo e limítase a a facerlle outro remendo”.

Baz concluiu ” A praza de abastos non soporta xa máis parches. Temos a oportunidade de facer unha reforma integral si se plantexa un proxecto de calado diante da Xunta de Galiza. Esta actuación dotaríanos dunha praza de referencia na contorna que actuaría como motor de dinamización da economía local. Desde o BNG esiximos que se abandone a improvisación, que se respecten os acordos plenarios e que se tome en serio a reforma da Praza de Abastos para construir futuro na Guarda”:



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement