Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

13 entidades españolas y portuguesas constituyen "Rede Transfronteiriza dos Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular"



A Deputación de Pontevedra vén de converterse nunha das trece entidades galegas, españolas e portuguesas promotoras da Rede Transfronteiriza dos Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular, que hoxe mesmo se constituíu a través dunha xuntanza telemática na que participou a deputada de Turismo Ana Laura Iglesias. Na Asemblea Constituínte da rede, que tivo lugar esta mañá, aprobáronse o manual de procedemento e o rexistro da marca e logotipo na rede da Oficina Española de Patentes e Marcas e Oficina da Propiedade Intelectual da Unión Europea. A través desta iniciativa, a Deputación de Pontevedra, xunto ás de Badaxoz, Cáceres, Cádiz, Córdoba, Huelva, Ourense, Sevilla e Zamora, á Xunta de Extremadura e ás entidades portuguesas de Turismo do Alentejo, Turismo do Centro e a Cámara Municipal de Barcelos, traballarán na valorización do patrimonio cultural e natural desenvolvendo infraestruturas e servizos nos Camiños a Santiago do Oeste Peninsular con maior tradición xacobea.

A Rede Transfronteiriza dos Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular conta cun orzamento de 2,5 millóns de € cofinanciados nun 75% polo FEDER a través do POCTEP 2014-2020. O seu principal obxectivo é establecer unha estratexia para desenvolver infraestruturas e servizos nos camiños cara Santiago que transcorren polo Oeste Peninsular como son a Vía da Prata, o Camiño Mozárabe, o Camiño da Costa ou o Camiño Portugués. En concreto traballarase ao longo do ano 2021 e 2022 nunha actuación homoxénea de sinalización, a través dun Plan Global de Sinalización; na mellora de equipamentos, difusión e uso de tecnoloxías para poñer en valor as rutas como recursos turísticos, desenvolvendo unha App. Amais, a rede, que contará cun logotipo que recollerá a tradición xacobea a través da cuncha de vieira, tamén vai implantar unha estratexia para incrementar a coordinación en canto á conservación, dinamización, difusión e prestación de servizos no camiño, a través de xornadas de divulgación, intercambios de experiencias e accións de sensibilización.

No marco deste proxecto de cooperación transfronteiriza a Deputación de Pontevedra vai desenvolver unha exposición itinerante denominada “Camiños do Sur”. A mostra percorrerá Tui, Baiona, Pontevedra e Caldas, así como outras localidades galegas e españolas, acompañada de conferencias ou debates e dunha acción lúdica, a modo de xogo de pistas, dirixida á poboación infantil. En liñas xerais a exposición porá en relevo a antigüidade do Camiño Portugués, a súa actualidade, a súa relación coa paisaxe, as tradicións, os pobos, as cidades, as xentes e culturas e amosa o percorrido do camiño e os datos históricos da súa existencia, facendo fincapé no seu aliñamento cos ODS da Axenda 2030 das Nacións Unidas.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement