Zona Franca de Vigo proxecta unha planta de hidróxeno verde no polígono de Balaídos

Presentouse na sede da Zona Franca a proposta, que optará a fondos europeos para conseguir seis dos dez millóns de orzamento. Xeraría 500 em...

Presentouse na sede da Zona Franca a proposta, que optará a fondos europeos para conseguir seis dos dez millóns de orzamento. Xeraría 500 empregos e operaría no 2025. O alcalde valorou un proxecto “excepcional” para producir un combustible máis barato e sen emisións de gases de efecto invernadoiro.

De Juan Ignacio Rodríguez, Abel Caballero, David Regades e Carmela Silva

Zona Franca de Vigo lanza a súa proposta industrial para producir hidróxeno verde dentro de catro anos. A sede de Bouzas da Zona Franca de Vigo acolleu a presentación do proxecto, da man do seu delegado, David Regades, da presidenta da Deputación, Carmela Silva, e do director xeral de Energylab, Juan Ignacio Rodríguez Fernández-Arroyo, ademais do alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Energylab exerce de asesor técnico dun proxecto pilotado polo Consorcio da Zona Franca, que prevé implantar no polígono de Balaídos unha factoría de hidróxeno verde que xeraría medio millar de empregos e podería operar a pleno rendemento en catro anos, no 2025, logo dun investimento de 10,1 millóns de euros. O Consorcio abonaría catro millóns de euros e se solicitarían os seis restantes a fondos europeos. Ao efecto, o ente estatal presentou ante o Goberno de España esta iniciativa, susceptible de participar no programa que presentará España ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, Next Generation EU. Regades explicou que a Zona Franca manifestou en decembro ao Ministerio de Transición Ecolóxica o interese vigués por optar a financiamento da Unión.

A planta xeraría e subministraría hidróxeno verde a partir de enerxía solar, para dar servizo ao sistema loxístico das dez empresas instaladas no polígono de Balaídos -incluída PSA- e tamén aos servizos municipais de transporte público colectivo e de recollida de residuos. O destino do hidróxeno renovable sería unha frota integrada por 60 carretillas das empresas do polígono de Balaídos, 10 camións de transporte de vehículos que realizan a ruta entre o centro de produción e a área portuaria, así como 10 camións de recollida de lixo do servizo urbano e 5 autobuses urbanos.
O consumo diario ascendería a 468 quilogramos de hidróxeno ao día, unhas 140 toneladas de hidróxeno renovable ao ano, que evitarían o consumo de 684.000 litros de gasóleo anuais que emitirían 1.875 toneladas de CO2, o mesmo que 340 trens Alvia Vigo-Madrid ou 120 voos Vigo-Madrid ou o percorrido anual de 35 autobuses urbanos.

O proxecto abre novas oportunidades de xeración de emprego sostible e de actividade económica. A estimación de emprego neste proxecto é de 500 postos entre directos e indirectos en todo o proceso, tanto na fabricación dos compoñentes, deseño da instalación e montaxe, como no transporte de hidróxeno, mantemento e subministración. A planta contaría cunha instalación fotovoltaica nas cubertas das naves do polígono de Balaídos, que producirían a enerxía primaria necesaria para converter a auga en hidróxeno, así como un sistema de xeración de hidróxeno (electrolizadores) e finalmente un sistema de acumulación e subministración de hidróxeno.

O hidróxeno renovable ou verde é unha solución sostible clave para a descarbonización da economía e para lograr a neutralidade climática no 2050, co obxectivo de crear unha economía verde de alto valor engadido. Aí xoga un papel importante a creación de “vales” ou “clústers” de hidróxeno onde se concentre a produción, transformación e consumo. A folla de ruta do Goberno prevé para 2030 unha capacidade instalada de electrolizadores de catro xigavatios, así como mobilizar 8.900 millóns de investimento e un 25% de consumo de hidróxeno na industria.

 

RÍAS BAIXAS TRIBUNA es una web de información, análisis, divulgación y crítica, contemplada en un planteamiento totalmente ajeno a lo comercial. El autor de RÍAS BAIXAS TRIBUNA no contrata publicidad alguna, ni tampoco recibe dinero alguno por la labor que realiza, lo que resulta suficientemente explicado en notas a pié de página de este site.
Salvo aquellos en donde hay referencia a sus autores o cita expresa con la firma de los mismos, todos los trabajos publicados en la web corresponden a la autoría directa del autor-director-editor de este site, o bien a hacerse eco -en todo o en parte- de informaciones, ideas, opiniones, imágenes y notas de prensa emitidas por terceros.
Sea como fuere : las opiniones vertidas en RÍAS BAIXAS TRIBUNA son de exclusiva responsabilidad de quienes las emiten y no representan, necesariamente, el pensamiento de esta publicación, por lo que el autor de esta web no se hace responsable -salvo aquellas que le son propias- de las ideas, datos, imágenes y opiniones de otros aquí reflejadas.
Nombre

-A EURORREGIÂO,210,-CORTOS Y DIRECTOS,27,-EL OCIO-TURISMO,48,-FRONTERAS,50,-LA CULTURA,56,-LA EURORREGIÓN,195,-LA VIDA,146,-Las Cosas de la Vida,2,-LAS OPINIONES,54,-LAS PERSONAS,54,-LOS DEPORTES,129,-m,1,-MAIS PORTUGAL,92,-MÁS ESPAÑA,58,-Ocio/Deportes/Espectáculos,1,-PORTADA,96,-PORTADA),243,-Y ADEMÁS...,70,+ GALICIA,1,1-EURORREGIÓN,330,10-OCIO-ESPECTACULOS,35,11-PORTUGAL TAMBIÉN,89,12-ESPAÑA TAMBIÉN,42,13-MÁS DE PORTADA,8,2-GALICIA,108,3-PORTUGAL,41,4-LAS COSAS DE LA VIDA,251,5 ASUNTOS DE PORTADA EN RÍAS BAIXAS TRIBUNA,470,5-OPINIÓN,82,6-OCIO-DEPORTES-ESPECTÁCULOS,157,7-MÁS EURORREGIÓN,151,8-EL ÚLTIMO PARTE,48,CAJÓN DE SASTRE,280,CORONAVIRUS,74,CORTOS Y LARGOS,6,CULTURA Y ESPECTÁCULOS,19,DEPORTES,311,EL ÚLTIMO PARTE,24,ESPAÑA,295,ESTAS TIERRAS Y ESTAS GENTES,12,EURORREGIÂO,16,EURORREGIÓN,35,EURORREXIÓN,39,FERROCARRIL,235,GALICIA,1125,GALICIA SUR,127,INTERNACIONAL,73,LAS COSAS DE LA VIDA,583,LOS DEPORTES,16,MAIS PORTUGAL,23,MÁS ESPAÑA,8,MÁS GALICIA,186,MASS-MEDIA,471,Medios de Comunicación,6,OCIO,173,OCIO-ESPECTÁCULOS,149,OCIO-TURISMO,219,OPINION,127,Opinión,8,OTRA PORTADA,10,PIE DE FOTO,12,PONTEVEDRA,190,PORTADA,39,PORTUGAL,573,PORTUGAL NORTE,67,PROVINCIA,617,PUNTOS DE VISTA,16,REPORTAJES,2,REPORTAJES-ARTÍCULOS,44,RETRATOS,78,SPORTING DE BRAGA,149,TAUROMAQUIA,138,VIAJES,3,VIGO,284,
ltr
item
RÍAS BAIXAS TRIBUNA: Zona Franca de Vigo proxecta unha planta de hidróxeno verde no polígono de Balaídos
Zona Franca de Vigo proxecta unha planta de hidróxeno verde no polígono de Balaídos
https://xornal.vigo.org/storage/images/opt/No7a0cLydEYzqpEXW2bJJVrTbzI11bcE4TJbq2Uy.jpeg
RÍAS BAIXAS TRIBUNA
https://www.riasbaixastribuna.com/2021/01/zona-franca-de-vigo-proxecta-unha.html
https://www.riasbaixastribuna.com/
https://www.riasbaixastribuna.com/
https://www.riasbaixastribuna.com/2021/01/zona-franca-de-vigo-proxecta-unha.html
true
1496149115088572514
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content