Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

WINDSURF) El cangués Tomás Vieto es campeón de España (IQ-Foil)

O secretario xeral para o Deporte en Galicia, José Ramón Lete Lasa, recibiu ao deportista cangués Tomás Vieito, campión de España de windsurf na modalidade IQ-Foil. Tomás Vieito é a principal baza olímpica do equipo nacional para os aprazados Xogos de Toquio 2020 e para París 2024. 

O mandatario galego subliñou que é “todo un orgullo” que un deportista galego “sexa o campión de España dunha modalidade tan de moda como o windsurf e que ademais, certifica a posición de Galicia como referente nacional e internacional dos deportes náuticos”. “É un orgullo que deportistas como Tomás leven a bandeira de Galicia por todas as augas do mundo e falen tan ben da calidade do noso deporte”.


Cómpre salientar que a Secretaría Xeral para o Deporte vén axudando a Tomás Vieito na adquisición de material e demais gastos xerados da súa actividade deportiva pola que debe desprazarse a distintos lugares do mundo para a realización das probas selectivas. Esta aposta da Xunta enmárcase no pulo aos deportes minoritarios e aos deportes urbanos que  están a experimentar en Galicia un crecemento importante.  







Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement