Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

VIGO) BNG leva ao Congreso a pretendida paralización do túnel da Porta do Sol de Vigo

El Bloque lo lleva al Congreso de los Diputados. Pero al alcalde Caballero, eso ni le preocupa. Seguirá adelante con lo suyo, lo que tiene planeado. Ayer, Antón Lois, distinguido ecologista hablaba de los riesgos de la obra, que podían dañar las raíces del legendario Olivo, símbolo de Vigo por excelencia... No todo el mundo está de acuerdo con la obra del túnel de Porta do Sol, en Vigo. Pero Caballero sostiene que la mayoría está y va a estar encantada con esa obra. De momento, el Bloque opta por dar publicidad a lo que Caballero y su Gobierno pretenden llevar a cabo finalmente; a ver si consigue frenar el asunto...

BNG leva ao Congreso a pretendida paralización do túnel da Porta do Sol de Vigo

Néstor Rego destacou que o deseño licitado, coas súas dúas ramplas de acceso proxectadas, impedirá a extensión futura da peonalización á contorna do Paseo de Afonso XII.

Xabier P. Igrexas salientou que o BNG está a prol de que se peonalice o quilómetro cero de Vigo, "continuando a aposta que iniciamos desde unha alcaldía nacionalista no Calvario, na praza da Independencia ou na praza da Constitución".


O BNG insta no Congreso a paralizar as obras do túnel da Porta do Sol para estudar outras propostas que permitan unha peatonalización completa do trazado comprendido entre a Porta do Sol e o Paseo de Alfonso sen a construción de ningún túnel. O portavoz no Congreso, Néstor Rego, salientou que esta obra que ascende a un custo de 17 millóns de euros, “impedirá crear roteiros de continuidade no ámbito histórico e cultural que fomenten o uso peonil e ciclista, como recomenda o Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostíbel nas súas liñas de actuación”.

O BNG considera “moi grave” que a entidade local incumprira a normativa europea sobre o dereito de acceso e participación na información relativa a medio ambiente, tal e como denunciaron de maneira reiterada tanto as comunidades de afectadas e afectados, como diferentes entidades da cidade e o colectivo Vigo Histórico.

O BNG xa expresou a nivel local e desde o primeiro momento a súa oposición ao proxecto de túnel, e promoveu unha moción no Concello de Vigo en setembro do 2019 instando a considerar outras alternativas. “O Bloque estamos a prol de que se peonalice o quilómetro cero de Vigo, continuando a aposta que iniciamos desde unha alcaldía nacionalista no Calvario, na praza da Independencia ou na praza da Constitución” explica o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas. No entanto, Igrexas aclara que a discrepancia está no proxecto concreto. “O que non compartimos é que se acoitele o corazón do centro urbano cun túnel innecesario, insustentábel e caro, que ademais impedirá peonalizar o Paseo de Afonso”, argumenta.

Rego destacou que as restricións na mobilidade urbana, acordadas polo Concello de Vigo, no marco da actual de crise sanitaria a causa do coronavirus, así como as derivadas polos traballos prospectivos previos ao comezo da construción do túnel, “demostraron que este proxecto carece de xustificación e necesidade para promover a efectiva peonalización da Porta do Sol”. Así mesmo, o deseño licitado, coas súas dúas ramplas de acceso proxectadas, impedirá a extensión futura da peonalización á contorna do Paseo de Afonso XII, onde radica un dos principais miradoiros á Ría de Vigo, e á propia rúa Policarpo Sanz.

Neste sentido, a formación nacionalista destaca o feito de que seis colectivos ecoloxistas (Greenpeace, Amigos dá Terra, Xuventude polo Clima-Fridays for Future, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, Ecoloxistas en Acción-Galiza e Verdegaia) pronunciáronse pública e rotundamente en contra do citado túnel. “Todos eles sinalan que reducir o tráfico non pode pasar por construír novas infraestruturas para coches, se non por medidas como a mellora do transporte público, a creación dunha rede de carrís bici e promover activamente o tránsito peonil” sinalou o deputado Rego.

Nun manifesto conxunto, subscrito o pasado 27 de febreiro de 2020, e iitulado “Vigo sen fumes”, afirman ademais que “a peonalización [do eixo Elduayen - Porta do Sol] debería facerse pensando en baixar as emisións, debería ser efectiva, e non simplemente ornamental. “Os fumes baixo terra seguen sendo fumes e ademais, non é necesario soterrar os coches para lograr unha Porta do Sol peonil. Antes da construción do túnel, deberían estudarse outras alternativas menos lesivas” subliñou Rego.

Imagen de un pasquín circulante por la ciudad de Vigo


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement