Tras los ataques de la Oposición, Silva saca pecho y presume de Deputación...

Ante los ataques de la Oposición, que la acusa de pasar ampliamente de ayudar a los necesitados con los efectos del Covid-19 (autónomos, min...

Ante los ataques de la Oposición, que la acusa de pasar ampliamente de ayudar a los necesitados con los efectos del Covid-19 (autónomos, mini empresarios, trabajadores...) y de ser la única Deputación que no tiene un plan específico y compromiso el respecto... La presidenta Carmela Silva (Deputación de Pontevedra) ha hecho públicas hoy una serie de razones que resume también en el texto que sigue :

"A Deputación de Pontevedra vén de converterse na primeira administración de Galicia en poñer a disposición dos concellos e entidades de ámbito social un investimento de 4 millóns de euros para que poidan facer fronte ás consecuencias que a Covid 19 ten para a poboación “e particularmente para a xente máis vulnerable”", sinalou hoxe a presidenta Carmela Silva. Acompañada pola deputada de Política Social, Olga García, Silva anunciou que o citado investimento para 2021 “é o maior que fixo nunca esta institución provincial en política social” para que municipios e organizacións poidan cubrir as necesidades da poboación dentro do esforzo que están a facer “para que ninguén quede atrás e sufra a pandemia con maior exceso do que o sufrimos o conxunto da sociedade”. 


“O compromiso desta administración co padecemento de xente foi sempre unha liña básica de actuación e coa Covid converteuse no centro”, destacou a presidenta, que fixo fincapé en que no 2020 se fixo un “enorme esforzo” por dotar de recursos extraordinarios aos concellos e colectivos “porque a Xunta non estaba nin se a esperaba”, e agora, no 2021 o investimento social axilízase e increméntase nun 3% “convertendo a política social centrada nas persoas, nun eixo absolutamente prioritario”.


Neste senso, anunciou que a Deputación está a adiantar todos os prazos destas actuacións en política social “porque ante a situación actual entendemos que debemos ser proactivas na loita contra as consecuencias da pandemia, na atención ás persoas dependentes e en promover a igualdade de oportunidades. Estas son as nosas metas. Queremos que os concellos, que son a administración máis próxima a veciñanza, e o tecido asociativo conten con recursos de xeito inmediato e áxil para dar respostas as necesidades sociais”.

Máis polo miúdo, a maior parte do citado orzamento, 2,5 millóns, corresponde ao Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais para os 52 concellos de menos de 20.00o habitantes, que hoxe aprobou a Xunta de Goberno da Deputación e que acada un incremento do 5,3%.  O plan asigna 1,3 millóns de euros para sufragar a prestación directa do Servizo de Axuda no Fogar nos domicilios por parte de persoal especializado e 1,2 millóns de euros para cubrir os custos do persoal dos Servizos Sociais Comunitarios. A presidenta indicou que, como novidade, este ano os concellos poderán solicitar o adianto do 50%  do importe que lles corresponda do plan, “unha medida de axilidade para que lles cheguen recursos de forma inmediata”.

Amais, a Xunta de Goberno aprobou tamén hoxe as bases das subvencións por concorrencia ás entidades que traballan no ámbito social. Son case medio millón de euros (470.000) neste 2021, que serven, como indicou Carmela Silva, “para financiar actuacións dirixidas a colectivos que, polas súas circunstancias persoais, psíquicas, físicas, socioeconómicas ou outras se atopen en situación de desvantaxe e vulnerabilidade social, que ademais teñen aumentado moito nesta situación de pandemia global”. Neste caso, como novidade, increméntase o importe máximo que pode recibir cada proxecto, que o ano pasado era de 6.000 euros e agora de 7.000, “de xeito que poidan asumir o incremento de atender a máis persoas usuarias”. Entre outras actuacións, as entidades utilizan estas axudas para a promoción da autonomía persoal en persoas con diversas enfermidades ou incluso a facer fronte a reparto de alimentos.  

Doutra banda, xa teñen luz verde as axudas directas para proxectos de interese social, que ao aprobarse definitivamente o orzamento o pasado día 8 xa poden ser tramitadas. Desta forma axilízanse 372.000 euros que se repartirán entre 23 organizacións, entre elas Érguete, Cogami, Afapo, Afamp, Alborada, Afasal, Afamo, Xoga, Feafes, Arela ou Amencer-Aspace. Estas subvencións destínanse a programas que, entre outras actuacións, desenvolverán actividades de atención integral a persoas con diversidade funcional, estimulación da linguaxe, programas de inserción sociolaboral ou atención á infancia máis vulnerable en situación de emerxencia entre outros. “Polo tanto, trátase de recursos que hoxe son máis imprescindibles,  porque estas persoas son as que máis sofren as consecuencias da Covid-19”.

E o vindeiro luns, día 18 de xaneiro, publicaranse  no Boppo as bases para que os 52 concellos de menos de 20.000 habitantes poidan solicitar as Axudas Básicas de Emerxencia 2021, ás que este ano a Deputación destina 565.000 euros, un 17% que o ano pasado. “Tamén adiantamos os prazos  -explicou a presidenta- para que os Concellos poidan dispor canto antes deste investimento, e  ofrecemos a posibilidade de que obteñan por adiantado un 50% do importe fronte ao 35% que estaba contemplado con anterioridade á pandemia”.

Neste caso, os concellos poden destinar estas axudas á atención das persoas en situación de vulnerabilidade para afrontar gastos de alimentación, vivenda, produtos farmacéuticos ou necesidades básicas. Como novidade, inclúese este ano na tipoloxía destas achegas a adquisición de roupa e calzado, así como a compra de produtos de protección contra a Covid, como máscaras ou xel hidroalcólico. 


Silva, Carmela


 

RÍAS BAIXAS TRIBUNA es una web de información, análisis, divulgación y crítica, contemplada en un planteamiento totalmente ajeno a lo comercial. El autor de RÍAS BAIXAS TRIBUNA no contrata publicidad alguna, ni tampoco recibe dinero alguno por la labor que realiza, lo que resulta suficientemente explicado en notas a pié de página de este site.
Salvo aquellos en donde hay referencia a sus autores o cita expresa con la firma de los mismos, todos los trabajos publicados en la web corresponden a la autoría directa del autor-director-editor de este site, o bien a hacerse eco -en todo o en parte- de informaciones, ideas, opiniones, imágenes y notas de prensa emitidas por terceros.
Sea como fuere : las opiniones vertidas en RÍAS BAIXAS TRIBUNA son de exclusiva responsabilidad de quienes las emiten y no representan, necesariamente, el pensamiento de esta publicación, por lo que el autor de esta web no se hace responsable -salvo aquellas que le son propias- de las ideas, datos, imágenes y opiniones de otros aquí reflejadas.
Nombre

-A EURORREGIÂO,228,-CORTOS Y DIRECTOS,27,-EL OCIO-TURISMO,50,-FRONTERAS,54,-LA CULTURA,61,-LA EURORREGIÓN,205,-LA VIDA,153,-Las Cosas de la Vida,2,-LAS OPINIONES,54,-LAS PERSONAS,58,-LOS DEPORTES,140,-m,1,-MAIS PORTUGAL,96,-MÁS ESPAÑA,64,-Ocio/Deportes/Espectáculos,1,-PORTADA,103,-PORTADA),261,-Y ADEMÁS...,86,+ GALICIA,1,1-EURORREGIÓN,330,10-OCIO-ESPECTACULOS,35,11-PORTUGAL TAMBIÉN,89,12-ESPAÑA TAMBIÉN,42,13-MÁS DE PORTADA,8,2-GALICIA,108,3-PORTUGAL,41,4-LAS COSAS DE LA VIDA,251,5 ASUNTOS DE PORTADA EN RÍAS BAIXAS TRIBUNA,470,5-OPINIÓN,82,6-OCIO-DEPORTES-ESPECTÁCULOS,157,7-MÁS EURORREGIÓN,151,8-EL ÚLTIMO PARTE,48,CAJÓN DE SASTRE,283,CORONAVIRUS,74,CORTOS Y LARGOS,6,CULTURA Y ESPECTÁCULOS,19,DEPORTES,311,EL ÚLTIMO PARTE,26,ESPAÑA,295,ESTAS TIERRAS Y ESTAS GENTES,12,EURORREGIÂO,16,EURORREGIÓN,35,EURORREXIÓN,39,FERROCARRIL,238,GALICIA,1125,GALICIA SUR,127,INTERNACIONAL,73,LAS COSAS DE LA VIDA,583,LOS DEPORTES,16,MAIS PORTUGAL,23,MÁS ESPAÑA,8,MÁS GALICIA,186,MASS-MEDIA,473,Medios de Comunicación,6,OCIO,173,OCIO-ESPECTÁCULOS,149,OCIO-TURISMO,219,OPINION,127,Opinión,8,OTRA PORTADA,10,PIE DE FOTO,13,PONTEVEDRA,190,PORTADA,39,PORTUGAL,573,PORTUGAL NORTE,67,PROVINCIA,617,PUNTOS DE VISTA,16,REPORTAJES,2,REPORTAJES-ARTÍCULOS,44,RETRATOS,80,SPORTING DE BRAGA,154,TAUROMAQUIA,138,VIAJES,3,VIGO,284,
ltr
item
RÍAS BAIXAS TRIBUNA: Tras los ataques de la Oposición, Silva saca pecho y presume de Deputación...
Tras los ataques de la Oposición, Silva saca pecho y presume de Deputación...
https://1.bp.blogspot.com/-yRt3KI3M-xU/YAGbviA74VI/AAAAAAAA6rk/an639WWMxxUdHyP5-fIJlXsI7Un-NPOrQCLcBGAsYHQ/w640-h360/Captura%2Bde%2Bpantalla%2B2021-01-15%2Ba%2Blas%2B13.42.00.png
https://1.bp.blogspot.com/-yRt3KI3M-xU/YAGbviA74VI/AAAAAAAA6rk/an639WWMxxUdHyP5-fIJlXsI7Un-NPOrQCLcBGAsYHQ/s72-w640-c-h360/Captura%2Bde%2Bpantalla%2B2021-01-15%2Ba%2Blas%2B13.42.00.png
RÍAS BAIXAS TRIBUNA
https://www.riasbaixastribuna.com/2021/01/tras-los-ataques-de-la-oposicion-silva.html
https://www.riasbaixastribuna.com/
https://www.riasbaixastribuna.com/
https://www.riasbaixastribuna.com/2021/01/tras-los-ataques-de-la-oposicion-silva.html
true
1496149115088572514
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content