Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Sospecha caos. Senadora Rojo quiere datos del IMV en la provincia de Pontevedra

Pilar Rojo pregunta ao Goberno cantas persoas da provincia solicitaron o ingreso mínimo vital e cantas están cobrando a axuda
Di que non se facilitaron cifras desde o mes de outubro, no que o Goberno recoñeceu que das 15.120 solicitudes rexistradas, aprobáronse 2.278 e 3.183 foron denegadas.
“En novembro pedimos unha actualización dos datos pero dixeron que non había rexistros actualizados, para non recoñecer a mínima execución e colapso na tramitación”, critica a senadora popular.

A senadora do PP de Pontevedra, Pilar Rojo, rexistrou unha pregunta ao Goberno central para coñecer cantas persoas da provincia solicitaron o Ingreso Mínimo Vital e cantas desas peticións foron aprobadas con data 31 de decembro. A popular entende que tendo en conta a situación de vulnerabilidade e falta de recursos que sofren as familias que piden esta prestación, a celeridade na resposta e no pago das axudas é fundamental, e por iso amosa a súa preocupación por coñecer en que punto está a tramitación destas axudas.

Rojo recorda que o Goberno leva sen facilitar estas cifras desde o mes de outubro, en resposta a unha pregunta do PP, e naquel momento “os datos eran preocupantes”. Así, sinala que naquel momento o Goberno recoñeceu que das 15.120 solicitudes rexistradas na provincia, só se concederan –que non pagadas- 2.278 solicitudes, e 3.183 foran denegadas. “En outubro, polo tanto, só o 15% dos pontevedreses que solicitaron o Ingreso Mínimo Vital tiñan recoñecida a prestación”.

Desde o PP pediron unha actualización dos datos no mes de novembro, “pero nese momento dixeron que non había rexistros actualizados, que non dispoñían de explotación estadística co desglose por provincias”. Para Pilar Rojo, “é evidente que non querían recoñecer a mínima execución e colapso na tramitación das axudas, porque non se entende que en outubro teñan eses rexistros e que un mes despois non existan”.
Por iso, reclama que desde o Ministerio se acelere a tramitación e o pago das axudas, pero tamén esixe máis transparencia cos datos. 

Pilar Rojo









Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement