Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Senadora Pilar Rojo reclama apoio do Goberno central para o Xacobeo

Pilar Rojo reclama no Senado apoio do Goberno central para o Xacobeo. A través dunha pregunta e dunha moción, pregunta por que non hai unha partida nos orzamentos xerais para o acontecemento cultural máis importante de Europa. “Ten unha gran importancia a nivel social e económico para Galicia, que vai ter a posibilidade de afrontar a recuperación da pandemia co respaldo que supón un Xacobeo ampliado para a chegada de turistas e peregrinos”, defende.

A senadora do PP por Pontevedra, Pilar Rojo, reclama no Senado o apoio do Goberno central para o Xacobeo 2021-2022. A popular rexistrou unha pregunta ao Goberno e unha moción ante a Comisión de Cultura e Deporte para insistir na importancia de que se aproben partidas orzamentarias concretas para respaldar “o acontecemento cultural máis importante que vai ter lugar este ano e o próximo en Europa”.
Rojo entende que “o Xacobeo é un fenómeno internacional que Galicia e o conxunto de España debe aproveitar para reforzar a súa imaxe exterior”, e por iso “non se entende que non se reservase ningunha partida económica nos orzamentos que acaban de aprobar”. Polo tanto, insiste en que recapaciten e teña a ben destinar investimentos e apoios para a celebración do Xacobeo 2021-2022, “que debe ser unha punta de lanza fundamental para que Galicia supere a crise económica que sufrimos pola pandemia sanitaria do coronavirus”.

Por iso, na súa pregunta ao Goberno, Rojo quere que aclaren si teñen previsto colaborar coa Xunta na celebración do Xacobeo e, nese caso, que aclaren de que maneira, ou si non o contemplan, as razóns polas que rexeitan esa colaboración.
A senadora do PP recorda que ata o de agora, todos os pronósticos da Xunta cos diferentes Xacobeos se viron sobrepasados por un éxito recoñecido internacionalmente e, “podemos dicir, sen temor a equivocarnos, que non existe un itinerario relixioso, espiritual e cultural similar en todo o mundo”. Por iso defende que “o Goberno debe colaborar coa Xunta con fondos suficientes e contribuír con elo a que o Xacobeo 2021-2022 sexa un éxito”.

Ademais, incide en que “á marxe da importancia confesional que ten o Ano Santo, ten unha gran importancia a nivel social, económico e cultural para a Comunidade galega, que vai ter a posibilidade de afrontar a recuperación da pandemia co respaldo que supón un Xacobeo ampliado para a chegada de turistas e peregrinos”.
Por último, Rojo recorda que o Goberno xa desbotou incluír nos orzamentos deste ano unha partida para este evento, a pesar das emendas presentadas polo Grupo Popular no Congreso e no Senado, e das insistentes demandas realizadas desde a Xunta.

Pilar Rojo

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement