miércoles

Psoe). Gestoras resuelven en O Porriño, As Neves y O Rosal

A Comisión Executiva Provincial do PSdeG-PSOE celebrou a súa primeira xuntanza do ano para abordar cuestións orgánicas que resolvéronse con consenso de tódalas partes e acordo unánime dos integrantes da Executiva. Deste xeito quedaron aprobadas as novas Comisións Xestoras encargadas de dirixir as agrupacións locais de O Porriño, As Neves e O Rosal.

En O Porriño a Xestora estará presidida por Soledad Girón Girón (membro do Comité Provincial), acompañada dos concelleiros Lourdes Moure Varela e Sergio Casas Quintas, ademais de Miguel Táboas Sequeiros (membro do Comité Nacional) e Diego Julio de Sa García.

En As Neves encabezará Marcelino Couto Martínez, tenente de alcalde, xunto con José Carlos Domínguez Gil e Isabel Prieto Couto.

Finalmente, en O Rosal estará presidida por Miguel Ángel Rodríguez Velasco, acompañado de María Concepción Alonso Rodríguez, José Manuel Gómez Campos, David Gómez Cardoso e Milagros Carmen Amador Dacal.

O acordo foi adoptado nunha Executiva Provincial celebrada novamente de maneira telemática e na que houbo unha amplísima participación, e inclúe tamén a designación de Luis Piña, secretario provincial de Organización, como colaborador e observador nas tres xestoras.

O secretario xeral provincial, David Regades, explicou que as Xestoras de O Porriño, As Neves e O Rosal funcionarán como órgano de transición, encargado de organizar a asemblea de militantes que dea paso ás novas Executivas municipais, un proceso que agora mesmo é imposible de abordar por mor das restricións derivadas da pandemia de COVID19. As asembleas, explicou, celebraranse cando as condicións sanitarias o permitan. Regades subliñou que o diálogo presidiu o proceso de designación e agradeceu a colaboración de toda a militancia. “O obxectivo ata que tomen posesión as novas Executivas é dinamizar o partido, garantindo a súa relación coa sociedade, e conducir o proceso de elección das novas direccións locais sempre co respecto á cultura de democracia interna que caracteriza ao socialismo”.