"Por sempre meu amigo no meu recordo". Despedida a Xosé Manuel Pazos Varela
0
Comentarios
Despedida a Xosé Manuel Pazos Varela.
Ola amigo Xosé Manuel :
Ola amigo Xosé Manuel :
Despois de tantos anos e anos de ledicias xunto a ti, hoxe 25 de Xaneiro de 2021 me toca despedirme.
Foron moitas esas ledicias que compartín o teu lado, dende broncas nos chats de Facebook, a entrevistas no teu despacho do Concello.
Parece mentira o que é a vida, que te da amizades tan enriquecedoras como a túa. Si que é certo que nos empezamos como coñecidos alá polo ano 2010 no colexio de San Roque cando ti estabas de guardia moitas veces porque faltaba Luis, e sempre estabas colgado do teléfono; algo facía presaxiar que algún día acabarías na Alcaldía.
Pero realmente cando comezamos de verdade a amizade xa foi no 2015-2016, anos nos que consolidaríamos unha boa amizade de profesor-alumno; eu aprendendo de ti e seguro que ti de min.
Alegreime moito de terte de alcalde estes 6 anos que estiveches servindo o noso Cangas; tamén me alegro de que esa persoa foras ti ata o ultimo momento; demostraches ser fiel os teus principios sempre, deixando ata a última gota de suor, sempre ata o final sen protestar e dando todo pola xente.
Grazas a ti vivín momentos que xamais houbese imaxinado, pero ante todo o descubrimento dunha persoa cun carácter dos que xa non quedan.
Creo que me custa sacar verbas nestes momentos xa que para min é unha perda tremendamente triste e fastidiada.
Fai non moito tempo que foi o pasamento do meu avó, Angel Villar; ti o recordabas dicindo o seguinte : ``unha aperta grande e ánimo a ti e demais familia. Queda a súa memoria e os seus feitos, que foron moitos. D.E.P´´. Creo que tamén de ti nos queda a túa memoria, esa dun artista con maiúsculas e con guión, esa memoria dunha persoa de nobre corazón e casta, esa do sentimento guiado dende pequeno por un escenario, esa memoria dun grande que deixa os demais a ledicia e a compaixón; os teus feitos, todo o que nos ensinaches os que un día aprendemos de ti.
Grazas a a ti por ensinarme camiños tan especiais da Vida e brindarme a oportunidade de coñecelos; grazas a ti porque, aínda que non nos percatemos, as persoas coma ti merecen a homenaxe mais grande; grazas a ti por ser fiel servidor e fiel os teus principios; grazas a ti por brindarme os teus abrazos que tanto votarei de menos. E, sobre todo, grazas porque sen ti a Vida nunca sería o mesmo se non estiveras nela.
Grazas por facerme feliz como amigo; deixas aquí unha persoa que te admirará por sempre e te quererá; por sempre meu amigo no meu recordo.
ALFREDO COSTAS VILLAR
Publicar un comentario