Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

POIO) La Oposición impugna subidas de IBI e IVTM que no estima legales

En Poio, la Oposición no arroja la toalla respecto a su disconformidad con la subida de ciertos impuestos, que considera abusiva, por lo que impugna esos acuerdos e irá en los tribunales, eso anuncia, hasta donde sea menester...

O PP de Poio vén de impugnar os acordos aprobados polo Tripartito relativos á subida do IBI e do IVTM ao non ser legais.
O portavoz do PP de Poio Ángel Moldes vén de anunciar que o seu grupo municipal presentou por rexistro a impugnación dos acordos tomados no pasado Pleno relativos á subida do IBI e do IVTM por estar os expedientes incompletos e por non cumprir coa lexislación vixente ao non incorporar o estudo técnico-económico.
«Imos por todos os medios intentar que a subida do IBI e das “viñetas” dos vehículos non se apliquen en Poio e por iso impugnamos estes dous acordos tomados polo Tripartito xa que o expediente non reúne cos requisitos esixidos pola lei».
Existe a obriga legal e así o acredita reiterada doutrina do Tribunal Supremo que insiste na necesidade de incorporar este estudo técnico-económico que o Tripartito non quixo incorporar pese a que o PP de Poio o solicitou na Comisión de Facenda previa ao Pleno».
«Ademais de que non facer este estudo técnico-económico é ilegal e por iso impugnamos estes acordos, este é o maior exemplo da falta de previsión do Tripartito xa que aplican subidas de impostos sen realizar ningún tipo de estudo nin previsión.
Os populares explican que esta impugnación ante ao Pleno do Concello é independente da denuncia formal ante aos Xulgados para anular ao recargo do 25% do IBI ás vivendas valeiras.



O portavoz do PP de Poio Ángel Moldes vén de anunciar que o seu grupo municipal presentou por rexistro a impugnación dos acordos tomados no pasado Pleno relativos á subida do IBI e do IVTM por estar os expedientes incompletos e por non cumprir coa lexislación vixente ao non incorporar o estudo técnico-económico.

Os populares afirman que ambos acordos foron aprobados cos votos a favor do equipo de goberno e con 8 votos en contra do grupo popular e que ambos expedientes estaban incompletos ao non incorporar un documento esencial e imprescindible para a modificación de devanditas ordenanzas: o estudo técnico-económico, xustificativo dos custos dos servizos ou actividades realizados e da contía das tarifas propostas.

«Imos por todos os medios intentar que a subida do IBI e das “viñetas” dos vehículos non se apliquen en Poio e por iso impugnamos estes dous acordos tomados polo Tripartito xa que o expediente non reúne cos requisitos esixidos pola lei», indica Moldes.

Os populares, ao presentar esta impugnación, baséanse na, nos informes dos técnicos municipais, na lexislación vixente e na reiterada doutrina do Tribunal Supremo (STS de 8 de marzo de 2002). «Existe a obriga legal e así o acredita reiterada doutrina do Tribunal Supremo que insiste na necesidade de incorporar este estudo técnico-económico que o Tripartito non quixo incorporar pese a que o PP de Poio o solicitou na Comisión de Facenda previa ao Pleno», indica Moldes.

«Ademais de que non facer este estudo técnico-económico é ilegal e por iso impugnamos estes acordos, este é o maior exemplo da falta de previsión do Tripartito xa que aplican subidas de impostos sen realizar ningún tipo de estudo nin previsión», denuncia Moldes.

Os populares explican que esta impugnación ante ao Pleno do Concello é independente da denuncia formal ante os Xulgados para anular ao recargo do 25% do IBI ás vivendas valeiras.

Desde o PP de Poio anuncian que van esgotar todas as vías, políticas, administrativas e xudiciais para que estas subidas de impostos non sexan efectivas e non poidan entrar en vigor.

«O noso compromiso é claro e esgotaremos todas as posibilidades políticas, administrativas e xudiciais para evitar a subida do IBI e do IVTM xa que o PP aposta por baixar impostos e o tripartito por subilos: esa é a gran diferenza», conclúe Moldes.


Ángel Moldes


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement