Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

La Xunta seguirá invirtiendo en mejoras de instalaciones deportivas en Ourense

Feijóo sitúa o Pavillón dos Remedios como referente para a vida deportiva e social de Ourense tras unha remodelación, ampliación e modernización cun investimento de 2 M€

Subliña que, ademais desta actuación, a Xunta realizará tamén as obras no Estadio do Couto, que forman parte do orzamento deste ano 2021 cun importe de 1,7 €


 

Garante tamén o compromiso co complexo deportivo de Monterrei, cuxa zona deportiva está rematada e cun investimento total de 9 millóns, cofinanciados ao 50% entre Xunta e Deputación


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, situou hoxe o Pavillón dos Remedios como referente para a vida deportiva, social e cultural de Ourense, tras unha remodelación, ampliación e modernización estética e funcional cun investimento de 2 millóns de euros.

Durante unha visita ás instalacións tras as obras de reforma, Feijóo salientou que esta actuación comprendeu, entre outros aspectos, a renovación das fachadas; a modernización da entrada principal, á vez que se garante a accesibilidade en toda a instalación; o arranxo de toda a planta de soto, cun novo ascensor; a modernización de case 400 metros cadrados de vestiarios e aseos; e a reordenación dos espazos da piscina de 25 metros.

Así mesmo, construíuse unha nova planta de 550 metros cadrados destinada a ximnasio, onde se aloxará unha sala nova de usos múltiples, unha sala de musculación e outra de actividades dirixidas; ademais de cambiarse o recubrimento de chans e paredes na piscina de 50 metros e aproveitar as augas termais para o atemperamento e climatización para auga quente sanitaria.

Feijóo aproveitou a visita para destacar a ampla tradición coa que conta a cidade no eido do deporte, con equipos tanto femininos como masculinos no fútbol, baloncesto, fútbol sala, hóckey, atletismo, rugby ou voleibol.

Neste liña, lembrou que, ademais da reforma deste pavillón, a Xunta realizará tamén as obras no Estadio do Couto, que forman parte do orzamento deste ano 2021 cun importe de 1,7 millóns de euros para actualizar parte das instalacións, así como ampliar parte das oficinas ocupadas polas federacións para independizar os usos deportivo e administrativo. “E contamos coa pista de atletismo cuberta de Expourense, homologada para campionatos europeos”, recordou.

O presidente da Xunta garantiu ademais o compromiso co complexo deportivo de Monterrei, cuxa zona deportiva está rematada e xa está adxudicado o servizo de redacción do proxecto de construción do parque acuático. “Estamos a falar dun orzamento total de 9 millóns de euros, cofinanciados ao 50% entre a Xunta e a Deputación”, precisou.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement