Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

La Xunta contrata la humanización de la rúa San Benito (en Arbo)

As obras que xa deron comezo nesta semana teñen como obxetivo a mellora do barrio de San Benito na parroquia de Arbo. O importe da adxudicación ascendeu a 169.514,84 €.-
O Concello ten asinado un convenio coa a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para financiar as obras.


Comenzan as obras de humanización da Rúa San Benito en Arbo, uns dos viais mais centricos da vila e que precisa dunha renovación para mellorar a mobilidade urbana.

As obras cun orzamento de 169.514,84€.- están enmarcadas dentro do Plan Hurbe da Xunta, que naceu como resposta á necesidade da humanización das aldeas de Galicia, que busca o achegamento de marcos urbanos aos seus habitantes adaptando e creando espazos públicos para as necesidades actuais e veñen para culminar a humanización deste vial de acceso ao núcleo urbano de Arbo, tras as obras executadas coa humanización da Rúa Antonia Tovar.
Os traballos que se prolongarán nos vindeiros meses, consisten na realización de beirarrúas, renovaranse as redes de servizos. Dispoñeranse canalizacións de PVC para a reposición das redes de saneamento de augas pluviais e fecais, mellorase a rede de abastecemento. Tamén se executarán canalizacións enterradas para a rede de telecomunicacións e de enerxía eléctrica. Dispoñerase de iluminación con luminarias Led. Por último, executarase a sinalización horizontal e vertical precisa.

Este, proxecto que conta cunha financiación do 100% da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, dacordo o convenio asinado co Concello de Arbo o pasado ano, suporá unha mellora notable para os veciños e veciñas de Arbo, informa o alcalde do Concello, Horacio Gil : "o barrio de San Benito é a porta de entrada ao Casco úrbano polo que coa súa mellora darase un cambio de imaxe a vila", explica o rexedor.



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement