Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

EL TIEMPO) Mucho frío en Galicia en este inicio de semana

 Nuestros amigos entusiastas de la Meteorología, los de REDMETEO, nos han contado desde la capital del Arte Rupestre, Campo Lameiro, lo que se avecina, a su entender, climatológicamente hablando, para esta semana que entra.

O QUE DEBES SABER PARA A SEMANA QUE ENTRA :
-Moito frío, valores máximos moi contidos e noites moi frías nas que aparecerán as XEADAS no interior de #Galicia. -Chuvascos cada vez máis restrinxidos ao extremo norte. Canto máis ao sur, máis sol.

-NEVE a partir dos 500 metros pero restrinxida ao Xistral, Faladoira, montaña oriental de #Lugo. No sur, non nevará, xa que a precipitación será practicamente inexistente, polo menos, ata o Venres.

𝗣𝗘𝗥𝗢...o pronóstico comeza a ser moi incerto a partir do Venres. Seguramente, nos vindeiros días comezaredes a escoitar que chega unha gran nevarada, pero NON será en #Galicia. Será (a día de hoxe), no centro, sur e leste Peninsular.

Unha borrasca chegará dende o Atlántico e aportará humidade ao aire frío que chega dende o norte, provocando nevaradas que poden ser HISTÓRICAS nalgunhas zonas de España, pero NON en Galicia, xa que semella que quedaremos á marxe dos brazos húmidos da fronte.

PERO, outra vez, non hai que dar nada por sentado. Semella que cando chegue a borrasca, teremos moito aire frío acumulado e, se por algún casual, a borrasca se move algo máis cara o norte, e nos afecta, a neve podería aparecer en zonas moi baixas cara o vindeiro Sábado

Está todo moi no aire. Hai que seguilo de preto. Mañá, farei unha publicación extensa. A día de hoxe, o máis probable é que Galicia quede á marxe desa situación de nevaradas que pode ser histórica no centro Peninsular.




Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement