Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

DEPUTACIÓN) Pleno de los presupuestos. Como cabía esperar : bigobierno y oposición como el perro y el gato

El bigobierno de la Deputación de Pontevedra no hizo ni caso a los planteamientos de la Oposición, sobre el presupuesto provincial. En resumen : los gobernantes despreciaron a los populares y sus planteamientos; y estos -los del PP- calificaron la acción del bigobierno como algo nefasto para los intereses generales de la provincia...


Carlos Font: “Esta provincia avanza como nunca tiña feito. Dino os sectores produtivos, dino a cidadanía e dino os concellos, tamén os que goberna o PP”


César Mosquera: “O PP está tan preocupado por tapar as costas á Xunta que fan unha arremetida fora de lugar para esixir cuestións que son competencia do goberno autonómico”


Cos votos do PSDG-PSOE e do BNG, o pleno da Deputación deu luz verde ao orzamento para 2021, “o máis transformador e o de maior investimento de toda a historia da institución”, como sinalou Carlos Font. “Somos a administración provincial que máis transfire aos concellos, a que máis transforma e a que ten unha idea clara de provincia, unha provincia, engadiu, que avanzou nestes anos como nunca tiña feito. Dino os sectores produtivos, dino a cidadanía, e dino os concellos, tamén os que goberna o PP”. O deputado, que recordou que non houbo “nin unha soa alegación ao documento, e só dúas reclamacións sindicais á RPT”, subliñou que “xamais nesta Deputación houbo unha proposta similar a este orzamento que aposta por un modelo sustentable, pola mellora da vida da xente, pola dixitalización, polo turismo, pola igualdade e pola atención e inversión en todo o territorio”. “Poden insistir en todos os debates que desexen, dixo Font ao PP, pero os datos están aí e son imposibles de cuestionar”. 


Pola súa banda o voceiro do BNG, César Mosquera criticou que o PP provincial “estea máis preocupado por tapar as costas á Xunta que polo mundo local” e neste senso achacou aos populares que en lugar de presentar alegacións ao orzamento fagan “unha arremetida fora de lugar” contra o Goberno provincial para esixir cuestións que son competencia do autonómico. “Quen ten competencias en materia de fomento de emprego e economía é a Xunta, nós ningunha”, sinalou, lembrando que a Consellería de Política Social, por exemplo, só se leva o 7% do orzamento da Xunta, “e nos veñen a pedir que dediquemos moito máis”. Subliñou que a Deputación está a garantir a autonomía local e os investimentos nos municipios a través do Plan Concellos. “Esta Deputación exerce as competencias que ten, non hai fondos opacos ou de libre disposición –dixo-. Terán que ser os concellos os que digan se utilizan parte dos fondos para paliar os efectos da pandemia en certos sectores e non esta Deputación, que prefire que sexan os concellos os que o decidan. Non se nos pode achacar absolutamente nada”.

Xa no debate, Carlos Font lamentou a decisión do PP de votar en contra. “É inaudito, dixo, porque votando en contra, votan vostedes en contra de todo o que supón este orzamento para os seus concellos”. Font quixo visibilizar esa “incoherencia” co exemplo de Cerdedo-Cotobade “porque obras son amores e boas razóns”. O deputado explicou que “grazas aos orzamentos destes anos a veciñanza do concello que goberna Jorge Cubela puido ter a construción ou mellora de parques infantís como Valongo, Das Longas, Caroi, Borela ou Viascon. Mellora de viarios como os de Tomonde, Cádavo, Fontán, San Xurxo de Sacos, Aldea de Amba, e outros 23 camiños. Melloras ou novos accesos ao Colexio CEIP Carballedo, Dorna, os Balnearios de San Xurxo, á potabilizadora, ou aos equipamentos públicos de Tenorio. Puideron executar obras en edificios e espazos públicos ou mellorar a eficiencia enerxética. Recursos que chegaron á mellora da seguridade en estradas como Cerdedo Santo Domingo, Serrapio Portela, Carballedo-Caroi, Cerdedo-A Portela ou Xesteira-Almofrei. Ou para a reestruturación do núcleo da Chan. Con redutores de velocidade o pasos sobreelevados; co pintado, desbroce e limpeza de cunetas nos máis de 100 km de viarios, ou unha inversión de máis de 350.000 euros en conservacións de firmes. Con estes orzamentos, dixo, Font, teñen administración electrónica, puideron contratar 113 persoas, financiar os servizos sociais comunitarios, as axudas de emerxencia ou a teleasistencia. Puideron organizar festas, teatro, música, obradoiros, excursións ou campamentos; apoiar aos seus clubs deportivos; ter cultura e igualdade, dinamizar a lingua ou protexer o patrimonio. “Votar non a este orzamento é votar non a todo isto, rematou Font, explíquello ao seu pobo”.

O grupo popular se negou a reclamar á Xunta de Galicia e ao Estado a incrementar as súas partidas de investimento na provincia, algo que plantexaba a emenda do goberno a unha moción do grupo popular que pretendía que só se fixera esta esixencia ao goberno central e non ao executivo autonómico. Tanto Cesar Mosquera como Carlos Font tacharon de “sorprendente” que o PP se esquecera da Xunta cando Pontevedra é a provincia galega que menos recursos recibe por habitante da comunidade autónoma, ou como dixo Font, “cando levamos anos sen investimentos nas infraestruturas autonómicas, sen recursos para equipamentos, sen os centros de saúde comprometidos, con centros educativos algúns en situación deplorable e sen a atención adecuada á sustentabilidade, ás universidades, á política de vivenda, o apoio ás familias máis vulnerables ou ao desenvolvemento rural”. O deputado socialista chamou a atención sobre o feito de que o PP esixa só ao Estado cando, amais, os orzamentos xerais xa están en vigor mentres que os da Xunta seguen en trámite e están no momento ideal para presentar propostas de mellora. Amais, a emenda incluía estender a instancia a 2022 tanto a Xunta como ao goberno central para que aumentasen os seus investimentos, “xa que facelo só para este ano ten pouco sentido, amais de que un Plan bianual é tamén máis acorde cos Fondos de Recuperación e Resilencia”, recordou, engadindo que “o mundo local tamén segue á espera de que o goberno galego aumente dunha vez os fondos aos concellos, cun reparto obxectivo e non a dedo, un fondo incondicionado que respecte a autonomía local. É un clamor dos concellos e Feijoo non pode demoralo máis”.

Polo demais, Font lamentou a “oportunidade perdida do PP” que volveu a rexeitar a emenda na que o goberno aceptaba levar a cabo o estudo previo dun novo trazado para a EP 9106 no Grove, e incluso financiar a súa redacción, sempre que a Xunta de Galicia se comprometera a asumir o coste da construción desta alternativa viaria na contorna do xacemento de Adro Vello.

O deputado socialista mostrou a súa disposición a facelo “a pesar de que esta Deputación fixo unha obra histórica nesta estrada que a veciñanza reclamaba fai décadas”, e lembrou que a Deputación xa ofreceu esta posibilidade por carta á conselleira Ethel Vázquez. Por iso, cualificou de “incomprensible que sendo o PP quen fala da importancia deste castro para o Camiño coa Ruta Traslatio neste Ano Xacobeo, centro neurálxico da política turística da Xunta, o grupo popular vote en contra desta emenda sendo tanto Patrimonio como o Xacobeo competencia exclusivísima da autonomía”. “É máis, dixo Font, non só pedimos este proxecto para Adro Vello, a Xunta debería ter un plan potente de posta en valor do patrimonio e máis en concreto de algo tan potente como os xacementos arqueolóxicos”. O deputado lembrou tamén que, así, o goberno galego podería facer algo máis que “libriños” e lamentou que “por non facer, nin comezaron co procedemento que anunciaron para a declaración de BIC de Adro Vello. Non moveron aínda unha coma”, concluiu.

Pola súa banda César Mosquera cualificou a proposta de “moción de quedaben” e subliñou que as xestións para levala a cabo corresponderían ao alcalde do Grove e a decisión final sobre a súa viabilidade á Xunta. ”Votar a favor non significa nada –indicou-, porque igual a Xunta non acepta modificar o trazado”. O voceiro do BNG ironizou ao dicir que “parecen vostedes anti autonomistas e queren quitar as competencias á Xunta”. Rematou a súa intervención lamentando a actitude popular no pleno de “retorcer todo para non chegar a un só acordo dos que lles ofrecemos”.

--------

Cubela: “Estes orzamentos non están á altura dunha Deputación que manexa 164 millóns €”

O voceiro popular di que non recolle ningunha resposta extraordinaria para os grandes retos e necesidades que a pandemia sanitaria, social e económica plantexa para a provincia.

Pepa Pardo sinala que “deben de sentirse tremendamente avergonzados” porque no debate da moción para reclamar máis investimentos para a provincia nos orzamentos xerais do Estado “non fixeron unha soa referencia ás contas de Pedro Sánchez”.



O voceiro do grupo provincial do Partido Popular, Jorge Cubela, lamentou hoxe no pleno da Deputación que se aprobe para este ano un “orzamento anti concellos e anti provincia”, que non prevé ningunha resposta extraordinaria para os grandes retos que plantexa a pandemia sanitaria, social e económica. “Estes orzamentos non están á altura dunha Deputación que manexa 164 millóns de euros, son un orzamento de trámite e de mero funcionamento, sen ningunha iniciativa política. Non repercute nas necesidades dos concellos da provincia ante a crise que estamos xa sufrindo”, sinalou.

Ademais, Cubela recordou que a pesar de que o orzamento aumenta en 3,5 millóns de euros con respecto a 2020, amortiza 3 millóns de euros e conta con amplos remanentes, se conxela o Plan Concellos e reducen o gasto social. “O Bipartito está aprobando un orzamento continuísta, o que demostra a parálise política dos dirixentes da Deputación despois de seis anos de Goberno”.

Polo tanto, para os populares “son unhas contas malas para a provincia”, e por iso presentaron unha emenda á totalidade, da man de alcaldes e alcaldesas, para intentar corrixilos. “Emenda que foi rexeitada polo Goberno, que dixo non a aumentar o Plan Concellos en 7 millóns de euros; dixeron non a aumentar o gasto social; e dixeron non a un plan de axudas para autónomos e pemes. O único no que deron marcha atrás a petición do PP foi en non subirse os salarios”. 

Ademais, critican que non só non se consensuou nin negociou coa oposición, tampouco ser aceptou ningunha das emendas que presentaron os sindicatos. “Propoñen a amortización de xefatura de servizo a cambio de crear unha administración política paralela, con asesores e a creación de órganos directivos para os que xa non será necesario ser funcionario”, denunciou. “Impiden a promoción interna e carreira profesional dos funcionarios desta casa para poñer a comisarios políticos”.

Por último, Cubela dixo que fronte ao rexeitamento das emendas e alegacións, a proposta do Goberno é a aprobación definitiva dun orzamento non que non hai ningún tipo de planificación, máis alá que traer as contas a final de ano “para contarnos contos”.

ORZAMENTOS XERAIS DO ESTADO

No pleno desta mañá tamén se debateu unha moción presentada polo Partido Popular para reclamar ao Goberno central máis investimentos para a provincia “e rematar co agravio ao que está sometendo a Galicia e a Pontevedra”. A voceira Pepa Pardo cualificou os orzamentos “como irreais, inxustos e cen por cento políticos, os peores dos últimos quince anos”.
Os populares rexeitaron a emenda que presentaron PSOE e BNG, “porque non se intentaba chegar a un acordo, a presentaron para non ter que falar dos orzamentos do Estado”, e convidounos a que presenten unha moción específica sobre os orzamentos da Xunta. Nesta liña, Pardo dixo que “deben de sentirse tremendamente avergonzados porque no debate non fixeron unha soa referencia ás contas de Pedro Sánchez”.
A deputada cuestionou que o PSOE antepoña os intereses de Pedro Sánchez aos da provincia, e que o BNG se deba antes ao seu socio de Goberno na Deputación que a súa defensa a Galicia e Pontevedra.

“Son os peores orzamentos no peor momento posible, e a Deputación tiña que defender os intereses desta provincia e dos seus concellos. O documento ten graves carencias. E ademais, rexeitáronse todas as emendas que os diferentes grupos políticos presentaron a favor de Galicia e de Pontevedra. Por iso, era importante que saíse hoxe do pleno unha fronte común para reclamar, como mínimo, que manteñan e executen todos os investimentos que estaban recollidos no documento anterior”. Proxectos como o nudo dos bombeiros ou novos tramos da circunvalación de Pontevedra; a dotación dunha unidade de prevención e reacción para dar servizo á comarca de Pontevedra; o itinerario peonil entre A Seca-Combarro, en Poio; un compromiso firme e real para a gratuidade da peaxe Vigo-Redondela que leva esperando dous anos e que continúa sen executarse; as variantes da Estrada e de Ponteareas; etc.


O PP lamenta que PSOE e BNG rexeiten actuar nas pistas de atletismo de Cangas

“A situación do estado das pistas é de sobra coñecida, polo que é urxente que se actúe xa que é unha instalación referente para os clubes e deportistas do Morrazo e do resto da provincia”, defende Elena Estévez.


A deputada provincial do Partido Popular, Elena Estévez, lamentou hoxe que o Goberno Bipartito da Deputación de Pontevedra rexeite asinar un convenio de colaboración co Concello de Cangas e coa Xunta de Galicia para renovar o pavimento do Estadio Municipal de Atletismo e acometer as melloras necesarias.

“O apoio e a colaboración entre administracións sempre é a mellor vía para sacar adiante estes proxectos e dar resposta ás demandas dos concellos, por iso resulta inexplicable o rexeitamento do Goberno por sistema”, sinalou.

O grupo provincial popular defendeu hoxe unha moción na que se reclamaba o arranxo das pistas, dando resposta así ás reclamacións dos propios clubs de atletismo. “A situación do estado das pistas é de sobra coñecida, polo que é urxente que se actúe xa que é unha instalación referente para os clubes e deportistas do Morrazo e do resto da provincia”, engadiu a popular, que recordou que as pistas teñen importantes deficiencias no pavimento, o que dificulta os adestramentos e preparación dos atletas.

Estévez recordou que o papel da Deputación de Pontevedra debe ser servir de apoio aos pequenos e medianos concellos da provincia, asegurando a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal. “Ten competencias e capacidade económica para asinar este convenio, e por iso desde o grupo provincial reclamamos un compromiso firme para renovar estas pistas”.

Dixo, que “a Deputación sempre se caracterizou pola defensa do deporte e, principalmente, do deporte base. Por iso entendíamos que era necesario que se implicase no mantemento dunha infraestrutura que non só ten interese municipal, senón tamén comarcal e provincial dunha forma clara”.




Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement