Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

DEPUTACIÓN) Oposición demanda al Gobierno que no deje tirados a los autónomos

O PP pide á Deputación de Pontevedra que escoite aos autónomos da provincia e aprobe un plan de axudas directas.

Insisten en que non pode ser a única das catro deputacións galegas que non reparte nin un só euros en axudas.

“É cuestión de vontade política, porque ten capacidade económica para facelo”.


O voceiro do grupo provincial do PP, Jorge Cubela, pide ao Goberno da Deputación de Pontevedra que escoite aos autónomos, pemes e hostaleiros da provincia que o luns leron un manifesto diante da sede da institución provincial en Vigo, e aprobe un plan de axudas directas para paliar os efectos que a crise sanitaria está provocando nos seus negocios. “Nesta provincia só están recibindo axuda da Xunta de Galicia e nalgún caso tamén das iniciativas que aprobaron algúns concellos, porque nin o Goberno central nin a Deputación de Pontevedra repartiron un só euro para que poidan afrontar as importantes perdas e prexuízos ocasionados pola COVID”, sinala.

Por iso, di que “ante unha situación grave e excepcional, non pode pasar máis tempo sen que a Deputación de Pontevedra recapacite e se poña ao carón dos problemas reais desta provincia”. Nesta liña, recorda que mañá venres hai un pleno no que o Goberno vai aprobar definitivamente un orzamento que non inclúe nin un só euros para axudas a autónomos e pemes, pero tampouco en medidas para paliar os efectos da pandemia durante este ano.
“Estamos comprobando que a pandemia avanza, que os efectos sanitarios, económicos e sociais continúan aumentando, e esta Deputación non ten ningún plan, programa ou proxecto para axudar á provincia”. 

Nesta liña, insiste en que é a única das deputacións galegas que non ten axudas específicas para autónomos, pemes e hostaleiros, e unha das poucas de España. Polo tanto, “non se trata de si é competencia ou non da institución provincial, é cuestión de vontade política. Se o resto de deputacións aproban axudas, por que a Deputación de Pontevedra non? Porque PSOE e BNG non queren”.

O deputado popular di que tampouco é cuestión de capacidade económica, cun orzamento para 2021 de 164 millóns de euros e con 18 millóns de euros en remanentes “que estiveron a punto de regalarlle a Pedro Sánchez”.

“Son momentos críticos e por iso desde o PP levamos meses reclamando un plan de axudas específico de 10 millóns de euros para autónomos e pemes porque hai ben de onde sacalos para axudar a un dos sectores que máis o precisan”. Ademais, din que nesta provincia estes negocios sofren un agravio comparativo co resto, xa que negocios da Coruña, Lugo e Ourense están recibindo axudas da Xunta e da Deputación provincial, mentres que en Pontevedra só reciben da Xunta. 

A proposta do PP para a Deputación de Pontevedra pasa por aprobar un plan de 10 millóns de euros que sexa específico para autónomos, pemes e hostalería, nos concellos de menos de 50 mil habitantes, tomando como modelo o que xa está facendo a Deputación da Coruña, gobernada por PSOE. O obxectivo é axudar ao pago de gastos correntes e de funcionamento, como pode ser o aluguer, a luz, o teléfono ou a seguridade social.

ORZAMENTOS

O PP critica que o orzamento que a Deputación de Pontevedra vai aprobar mañá é totalmente continuísta, alonxado dos novos retos desta provincia. “Esperábamos unhas contas extraordinarias para afrontar as novas necesidades que teñen os concellos e a cidadanía desta provincia, con máis gasto social, máis investimento, máis apoio aos colectivos e aos sectores estratéxicos. Pero temos un documento exactamente igual que ao do ano pasado. Tanto, que incluso conxelan o Plan Concellos cando se esperaba un maior apoio polos gastos extraordinarios que están asumindo”.
Ademais, lamenta que non intentasen chegar a un consenso con ninguén, nin cos concellos, nin cos sectores económicos, nin cos colectivos, traballadores ou a propia oposición, “o que demostra a falta de diálogo e transparencia deste goberno, e que non cumpren co que predican tantas veces. Tratan o orzamento como un mero documento sen importancia, cando é o documento máis importante da Deputación de Pontevedra”.


Jorge Cubela, portavoz del PP en la Deputación de Pontevedra

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement