Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

DEPUTACIÓN) Cubela evoca el desmantelado Parque de Maquinaria y sus bondades

O PP valora que os socialistas do Salnés presuman do parque de maquinarias, xusto o contrario do que fixo na Deputación 

Cubela recorda que a institución provincial contaba cun parque de maquinarias moi importante, que o Bipartito PSOE-BNG desmantelou para favorecer a privatización do mantemento das estradas provinciais.

“Convidamos á presidenta da Mancomunidade a que explique ao Goberno provincial a boa herdanza que recibiu e da que non ten ningún problema en presumir”.



O grupo provincial do Partido Popular valora que os socialistas do Salnés presuman do parque de maquinarias da Mancomunidade, polo importante valor que aporta aos concellos e aos seus veciños, e que fagan xusto o contrario do que fixeron os seus compañeiros na Deputación de Pontevedra, que foi desmantelar o importante parque de maquinarias da institución provincial, “que era un referente en toda Galicia”.
O voceiro popular recorda que “nada máis chegar ao Goberno da Deputación comezaron unha cruzada co servizo, para desmantelalo e privatizar o mantemento das estradas provinciais, sen valorar os vehículos e maquinaria de gran valor e que daba resposta ás necesidades máis inmediatas dos concellos”.
A diferencia, sinala Cubela, “é que un goberno que está liderado polo PSOE de Vigo e o BNG de Pontevedra descoñece por completo cal é a realidade dos pequenos e medianos concellos da provincia”. Por iso, convida á presidenta da Mancomunidade do Salnés, Marta Giráldez, “a que explique ao goberno provincial a boa herdanza que recibiu e da que non ten ningún problema en presumir”.

O que resulta incomprensible é facer o que fixeron na Deputación, “porque no Salnés ninguén entendería que a Mancomunidade deixase de utilizar toda esa maquinaria e vehículos, un parque de maquinarias de primeiro nivel, para contratar a empresas privadas o mantemento das estradas só polo simple feito de que foi unha xestión realizada polo anterior presidente do PP na Mancomunidade”. Por iso, os populares convidan a Giráldez a que defenda na Deputación de Pontevedra o mesmo que está facendo na Mancomunidade do Salnés.

Por último, recordan que o Parque de Maquinarias que o Bipartito provincial recibiu en 2015 tiña investidos máis de 5 millóns de euros, que deixaron deteriorar “porque as máquinas estropéanse máis paradas que en funcionamento”. Estaba composto por unha planta de aglomerado, da que saían 1.000 toneladas diarias e desde hai seis anos está parada; unha estendedora e tres pisóns, 4 limpiapraias, 4 desbrozadoras, 4 niveladoras, 2 máquinas de cadeas, 2 pisóns, 2 cisternas de asfalto, un camión de bacheo, unha retroescavadora, 3 palas mixtas, 6 camións, 1 camión góndola, 1 pala cargadora, unha cisterna de auga e un camión grúa.

Manifestación en su día contra el pretendido desmantelamiento


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement