Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

DEPUTACIÓN) Axudas ao patrimonio marítimo fluvial da provincia pontevedresa

A Deputación vén de conceder catro subvencións para poñer en valor o patrimonio marítimo fluvial da provincia a outros tantos colectivos vigueses para a rehabilitación de embarcacións tradicionais. Segundo explica a deputada de Patrimonio María Ortega as axudas pertencen á liña de axudas para a Recuperacióne posta en Valor do Patrimonio Marítimo Fluvial da provincia, que ten a intención de fomentar a recuperacións de bens de interese do patrimonio relacionado co mar e os ríos na provincia.

Segundo explica Ortega, no Concello de Vigo solicitaron axudas a Asociación de Gameleiros Asodiña, que recibirán 2.590 euros para a mellora dunha gamela guardesa a vela, obtendo o proxecto unha valoración de 60 puntos. Tamén a Asociación de Mariñeiros artesáns e deportivos de San Miguel de Bouzas percibirán 5.786 euros para os traballo de rehabilitación da embarcación tradicional de tipoloxía racú ‘a Oleira’ (90 puntos); a Asociación de Vela Tradicional Remadoira obterá 4.074 euros para a restauración da embarcación tradicional ‘Mini (85 puntos); e o Centro recreativo artístico e cultural de Coruxo 7.337 euros para a reconstrución integral da gamela coruxeira ‘Rosa’.

No total da provincia a liña de axudas para a recuperación e posta en valora do Patrimonio Marítimo Fluvial chegou a 14 colectivos, que se repartiron 101.230 euros. Principalmente os colectivos beneficiarios localizáronse no Salnés (7), Morrazo (2) e Poio (1).
Entre as actuacións que podían recibir axuda económica da Deputación están os traballos de rehabilitación en embarcacións co fin de recuperar o seu carácter orixinal ou de manter elementos estruturais que permitan o mantemento da embarcación; así como accesorios e equipamento das embarcacións que sexan de investimento (baterías, motor, depósitos, aparellos, velas, obenques, quilla, drizas, equipamento de salvamento…), sempre destinándose a actividades de promoción sociocultural ou musealización.

Outras das actuacións subvencionadas permitida eran as obras de restauración e conservación de artes e aparellos de pesca e marisqueo tradicionais, ferramentas e maquinaria, instrumental de navegación, útiles de comunicación e sinalización, cordoería, artesanía e demais elementos vinculados á cultura marítima e fluvial, todos eles destinados a actividades de musealización ou difusión social e cultural. Tamén se permitían axudas ás intervencións realizadas sobre construcións e instalacións de terra (almacéns, fábricas, estaleiros, lonxas, casetas de pesca, embarcadoiros e pesqueiras, entre outras), mostras da arquitectura industrial e popular marítimo fluvial na provincia, para seren reconvertidas en espazos culturais.

As axudas desta liña do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación, explica Ortega, tiñan un orzamento de 150.000 euros. O importe máximo da subvención para cada actuación non podía exceder do 80% do seu custe total e tampouco non superar o importe de dez mil (10.000,00) euros. No caso de que os proxectos financiados non esgotasen a partida orzamentaria, como foi o caso, podía superarse o límite de dez mil euros por proxecto (sempre que non se supere o 80 % do orzamento), baixo criterios de proporcionalidade e respectando a concorrencia competitiva, así como a valoración técnica do proxecto.
Todas as actuacións subvencionadas tiveron que ser realizadas ao longo de 2020 empregando solucións construtivas de deseño tradicional e orixinal, ademais de materiais propios, quedando excluídas da convocatoria os usos para a pesca ou a acuicultura.

María Ortega

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement