Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Cursos formativos impartidos por COGAMI logran a inserción laboral de máis de cen persoas

Os cursos formativos impartidos por COGAMI logran a inserción laboral de máis de cen persoas. 

COGAMI impartiu 29 cursos durante o ano 2020, a metade destes en formato on line a causa da pandemia.

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) desenvolve un plan de formación que ten por obxectivo capacitar ao alumnado para que acade canto antes o seu desenvolvemento profesional. Este programa está adaptado tanto ás necesidades e capacidades das persoas con discapacidade, que son as destinatarias desta formación, como tamén contempla as demandas do tecido empresarial da zona, xa que o obxectivo final desta formación é lograr a inserción laboral.

Durante o ano 2020 COGAMI impartiu 29 cursos de formación dirixidos todos eles a persoas con discapacidade ou con incapacidade laboral recoñecida para profesión habitual. Todos estes cursos estaban programados para impartirse de maneira presencial pero, debido á situación de crise sanitaria vivida, finalmente 15 desenvolvéronse de xeito presencial e os 14 restantes en formato on line.

“O COVID, como ocorreu en todos os servizos, supuxo un cambio para o noso programa formativo”, indica o coordinador da área de Formación, Paco Abuín, quen engade que “tivemos que impartir de maneira telemática a metade dos cursos deste ano, procurándolles equipos informáticos e conexión a Internet a todo o alumnado que o precisara”.

Foron un total de 301 as persoas formadas, sendo 127 mulleres e 174 homes, nuns cursos que foron financiados tanto pola Administración Pública como a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a Consellería de Política Social, o Ministerio de Asuntos Sociais e o Fondo Social Europeo, como tamén pola Fundación ONCE e a Fundación “la Caixa”.

O plan formativo contempla clases teóricas e prácticas en empresas, para que o alumnado tome contacto co mercado laboral e co tecido empresarial. Novamente o COVID-19 incidiu na realización das prácticas, aínda así, o 14% das persoas formadas puido efectuar estas prácticas. E trala finalización da formación, de todas as persoas formadas durante 2020, o 35% logrou a inserción laboral.

Segundo Paco Abuín “A pesar da complexidade deste ano, o 35% das persoas formadas con nós están traballando, unha porcentaxe que cremos que aumentará porque hai cursos que remataron a finais de decembro. Polo tanto, cremos que estes datos son positivos e agardamos que as insercións incrementen durante o primeiro trimestre deste ano 2021”.

Os cursos impartidos desenvolvéronse tanto en zona urbana como rural, sendo as zonas rurais de interese para COGAMI por careceren de máis servizos que nas cidades. Estes foron os cursos que contemplou o programa formativo de COGAMI en 2020 e os concellos nos que se impartiron:

Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais en Cabana de Bergantiños, Santiago, A Coruña, Pontevedra e Ferrol; Informática en Vilagarcía, Cee, Santiago, Lugo, Monforte, Lalín e Vilalba; Xestión de almacén en Boiro; Manexo de carretilla elevadora en Fene e Santiago; Manexo de maquinaria de manutención, Transporte de Mercancías por Estrada (CAP), Limpeza de interiores e Operacións de transporte e almacenamento en Lugo; Taller de neuropsicoloxía, Operario/a de fabricación de mascarillas e Técnicas aplicadas á decoración en Bergondo; Atención ao público-Ofimática en Ourense; Actividades administrativas na relación co cliente en Ferrol e A Coruña; Competencias clave e Contabilidade Laboral en Vigo; Recepcionista telefonista en Salvaterra do Miño e Técnicas de venda e informática en Ferrol.

En 2020 COGAMI destinou 6.525 horas á formación de persoas co fin de dotalas de preparación para que acaden unha oportunidade laboral o antes posible.



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement