Sanidade (el Sergas) permite holganza en la jornada de Reyes, incluso en los concellos con límites - cierres perimetrales. Ya luego, el viernes, posiblemente apretará el cinturón a unos cuantos... Las semanas van pasando y todo sigue con el p´alante - p´atrás. Los frutos de la Navidad y Fin de Año relajados posiblemente se empezarán a cosechar ahora. Lo arregla Sanidad manteniendo el cierre perimetral de toda Galicia hasta... ¡el 11 de enero!. En fin... un galimatías.
O Sergas permitirá viaxar o día de Reis e ‘ameaza’ a Santiago e A Coruña con restricións máis duras este venres, titula el "Correo Gallego"O comité clínico que fai seguimento da evolución da COVID en Galicia vén de acordar, na súa reunión deste luns, rebaixar ao nivel básico as restricións nos concellos de Carnota e As Pontes. Deste xeito suprímeselles as limitacións de mobilidade que tiñan ata o de agora. Decidiu tamén baixar o concello de Narón ao nivel medio, mentres que se manteñen os niveis actuais de restricións existentes a día de hoxe no resto dos concellos da comunidade. A única excepción é a que permitirá a mobilidade entre concellos, incluso nos que se atopan perimetrados, durante o vindeiro mércores, día 6 de xaneiro, entre as 00:00 e as 23:00 horas. O Sergas indica que, dado que segue habendo toque de queda ata as 06:00, a franxa para poder moverse empezaría a esa hora. Ao igual que aconteceu nas pasadas festas, cinguíndose a posibilidade destes desprazamentos ás visitas familiares.
La nota del SERGAS : O comité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia vén de acordar, na súa reunión de hoxe, rebaixar ao nivel básico as restricións nos concellos de Carnota e As Pontes. Deste xeito suprímeselles as limitacións de mobilidade que tiñan ata o de agora.
O comité clínico decidiu tamén baixar o concello de Narón, ao nivel medio, mentres que se manteñen os niveis actuais de restricións existentes a día de hoxe no resto dos concellos da comunidade.
A única excepción é a que permitirá a mobilidade entre concellos, incluso nos que se atopan perimetrados, durante o vindeiro mércores, día 6 de xaneiro, entre as 6 e as 23 horas. Ao igual que aconteceu nas pasadas festas, cinguíndose a posibilidade destes desprazamentos ás visitas familiares.
Tras analizar a evolución epidemiolóxica no conxunto de concellos galegos, o comité clínico tamén acordou engadir ao listado de vixilancia especial aos concellos das comarcas da Coruña e Santiago de Compostela.
Todas estas medidas publicaranse no Diario Oficial de Galicia de hoxe e entrarán en vigor ás 00,00 horas do martes.
A decisión de manter as restricións vixentes en toda Galicia vai ser revisada na xuntanza do próximo venres, xa que o grupo de expertos acordou que é necesario agardar uns días para poder avaliar a evolución epidemiolóxica logo das medidas adoptadas polas festas do Nadal e fin de ano.
Sanidade lembra a obrigatoriedade de cumprir todas as medidas establecidas pola Xunta Galicia, co ánimo de mellorar a situación epidemiolóxica na comunidade e así poder ir diminuíndo as restricións vixentes.
Tras analizar a evolución epidemiolóxica no conxunto de concellos galegos, o comité clínico tamén acordou engadir ao listado de vixilancia especial aos concellos das comarcas da Coruña e Santiago de Compostela. Ademáis, proporá medidas restritivas máis duras nestas áreas, Santiago e A Coruña, para o vindeiro venres, se segue a tendencia a alza nos datos epidemiolóxicos. As medidas publicaranse no Diario Oficial de Galicia deste martes e entrarán en vigor ás 00:00 horas do mércores. A decisión de manter as restricións vixentes en toda Galicia vai ser revisada na xuntanza do próximo venres, xa que o grupo de expertos acordou que é necesario agardar uns días para poder avaliar a evolución epidemiolóxica logo das medidas adoptadas polas festas do Nadal e fin de ano. A comunidade autónoma queda pechada ata o día 11 de xaneiro.