Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Cine. ‘Ons’, de Alfonso Zarauza, consegue o mellor promedio de espectadores por sala en toda España


  • Na súa cuarta semana en cinemas e con só 12 copias duplica a súa recadación e entra no top 20 da taquilla española, nunha fin de semana marcada polo temporal de neve en boa parte da Península.

  • Consegue unha ratio de 75 espectadores por copia, a maior de todo o Estado, superando a gran estrea comercial da semana, Los Croods


Nunha fin de semana marcada polo temporal Filomena, con fortes nevaradas no centro e leste da Península e a consecuente caída da asistencia aos cines no territorio estatal, a película Ons, que se exhibe con 12 copias en cidades galegas, colocouse no top 20 de recaudación en cinemas e logrou unha media de 75 espectadores por pantalla, a mellor de toda España. 


Na súa cuarta fin de semana en carteleira, a longametraxe dirixida por Alfonso Zarauza logrou aumentar un 96% a súa recadación con respecto á semana anterior, grazas a que se incorporou a novas pantallas nas cidades de Ourense e en Pontevedra, e tamén ao Cine Teatro Salesianos de Vigo, onde foi a película máis vista dos últimos meses. No último pase deste domingo neste cine de Vigo, que presentaron o director de Ons e un dos seus actores protagonistas, Antonio Durán ‘Morris’, esgotáronse as entradas e quedaron ducias de espectadores fóra. O Cine Teatro Salesianos informa de que en breve programará un novo pase da película presentado polo seu equipo. 


Estes resultados de Ons ratifican o bo funcionamento do boca-orella na difusión deste filme en galego, estreado o 18 de decembro e que vai camiño dos 5.000 espectadores en Galicia, nun momento no que a Covid impón necesarias restricións de aforamento e confinamentos perimetrais nas cidades. O seu director, Alfonso Zarauza, mostrábase onte en Vigo “moi emocionado e agradecido pola cálida acollida do público, que non cesa de recomendar o filme”, algo que espera que logre mantelo nas carteleiras durante varias semanas máis. Neste momento Ons está dispoñible nos cinemas das sete cidades galegas, xunto co Barco de Valdeorras, onde este luns ten a súa última proxección. 



O filme, coproducido con Portugal e ambientado na Illa de Ons,  é un drama emocional con toques de misterio protagonizado por Melania Cruz e Antonio Durán ‘Morris’. Interpretan un matrimonio en crise, que trata de salvar a súa relación vivindo unha temporada na illa de Ons e que cruza o seu destino co dunha muller amnésica que aparece naufragada na praia. Completan o reparto Xúlio Abonjo, Marta Lado, Anaël Snoek, Miguel de Lira, Diego Anido, Montse Martínez e Cris Iglesias. 


Trátase da quinta longametraxe de Alfonso Zarauza, un dos cineastas galegos máis sólidos e experimentados, tras A noite que deixou de chover (2008), Encallados (2013), Os fenómenos (2014) e A viaxe dos Chévere (2014). Ons está coproducida por Maruxiña Film Company (Galicia) e Bando à Parte (Portugal) e conta coa participación da Televisión de Galicia (TVG) e da Rádio e Televisão de Portugal (RTP), con subvención de Agadic e coa colaboración da Deputación de Pontevedra. 



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement