Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Cierre de fronteras. La AECT Río Minho insta a que impere el sentido común...

Comienzan a llegar ya las primeras reacciones al cierre de la frontera propiciado por Portugal, cuyo Gobierno, a la desesperada, echa mano de palos de ciego como ese, que poco o nada ayudará a combatir la Covid, teniendo en cuenta que la situación en Portugal está peor que en España y que, tal y como están las cosas, solo eran aquellos que han de hacerlo por estricta necesidad, los que estaban cruzando desde hace semanas las fronteras entre los dos países... La medida servirá para tocar las narices todos los días a aquellos que se ganan el pan a uno u otro lado del río Miño, como ya sucedió el año pasado...

O AECT RIO MIÑO ADVIRTE DE QUE O PECHE DE FRONTEIRAS DE PORTUGAL NON DEBE REPETIR O ERRO DE DIFICULTAR A CIRCULACIÓN DE PERSOAS TRABALLADORAS NA RAIA   


O vicedirector do agrupamento e deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez insta a manter todos os pasos de estradas abertos coas medidas de control necesarias


Critica que a Xunta non tivera posto en marcha o carné transfronteirizo, xa que serviría para vixiar máis eficazmente o tránsito de persoas 


O Agrupamento Europeo de Cooperación Transfronteiriza AECT Río Miño advertiu hoxe, logo de que Portugal anunciase o seu peche de fronteiras con España, que non debe repetir o erro de limitar e dificultar o paso pola raia das persoas traballadoras como aconteceu tralo confinamento de marzo. Así o manifestou o vicedirector da entidade e deputado de Cooperación Transfronteiriza da Deputación, Uxío Benítez, quen instou a manter abertos todos os pasos nas estradas, principalmente os das Eurocidades, coas medidas de control que sexan necesarias para facilitar a circulación das persoas que viven ou traballan a ambas marxes do río.


Benítez recoñeceu que a decisión adoptada polo goberno portugués pon en alerta aos concellos do territorio transfronteirizo, que dende o 17 de marzo e ata o mes  de xuño viron limitado o tránsito a un único paso, Tui-Valença, creando importantes problemáticas para as persoas traballadoras transfronteirizas. Indicou, de feito, que este novo paso supón un chanzo máis na improvisación das medidas adoptadas contra a COVID-19 mais subliñou que “agardamos que aprenderan algo da situación creada na fronteira a outra vez”, lembrando que alcaldes e alcaldesas chegaran a manifestarse en varias ocasións.


Benítez tamén sinalou que a estas alturas da pandemia xa debería estar operativa a tarxeta de ‘cidadanía transfronteiriza’ para cando volvera haber unha situación coma esta. Lembrou que esa proposta do AECT fora proposta ante o último Cumio Ibérico entre España e Portugal e tamén ante o Parlamento Galego, que a aprobou por unanimidade. “Ata o de agora a Xunta non fixo nada, e nestes momentos ese carné transfronteirizo serviría para vixiar máis eficazmente o tránsito de persoas na raia”, destacou Benítez. 


O deputado lembrou unha vez máis que a fronteira de Pontevedra e Portugal é a máis dinámica social e economicamente de toda a península, xa que con 70 quilómetros dos 1.200 de toda a ‘raia’ entre España e Portugal, un 5%, asume o paso do 50% dos vehículos.




Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement