"Caso Bomberos" : “o Goberno Municipal de Vigo está instalado na absoluta ilegalidade” (Xabier P. Igrexas)

O BNG de Vigo esixe do Goberno municipal que cumpra as sentenzas e busque unha solución ao conflito dos bombeiros Urxen a que se atendan as ...

O BNG de Vigo esixe do Goberno municipal que cumpra as sentenzas e busque unha solución ao conflito dos bombeiros

Urxen a que se atendan as reivindicacións dos bombeiros para reforzar o servizo e garantir a súa capacidade operativa.

Xabier P. Igrexas: “É inaceptábel que un goberno que se di progresista tentase rebentar unha folga cun decreto de servizos mínimos abusivo”


Após coñecerse o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que confirma a sentenza que xulgaba ilegais os servizos mínimos impostos polo Concello de Vigo na folga de bombeiros, o Bloque Nacionalista Galego esixiu esta mañá ao Goberno municipal de Vigo que cumpra as sentenzas e que procure unha solución definitiva ao conflito, atendendo as reivindicacións para o reforzamento do servizo.

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, valorou o fallo do TSXG como unha evidencia de que “o Goberno municipal está instalado na absoluta ilegalidade”. “Son numerosos e reiterados os abusos e as vulneracións dos dereitos laborais e sindicais dos bombeiros, como numerosas son xa tamén as sentenzas condenatorias”, afirmou, aludindo tamén á anulación xudicial do denominado decreto de permanencia que impuña a obrigatoriedade de realizar horas extra.

O portavoz municipal nacionalista istou ao cumprimento estrito das sentenzas e afeou que “un goberno que se di progresista tentase rebentar unha folga cun decreto de servizos mínimos abusivo”. Neste sentido, lembrou que a folga en curso e que está a piques de cumprir un ano e medio, “non ten precedentes na historia da cidade” e ten como único causante o propio Goberno de Abel Caballero pola súa incapacidade á hora de dotar o servizo de bombeiros dos efectivos necesarios.

“A folga de bombeiros non só está motivada por lexítimas reivindicacións laborais, senón que o que persegue é forzar unha solución para evitar que a cidade de Vigo continúe a ser insegura”, afirmou. A este respeito, Igrexas subliñou que desde á Área de Seguridade, que dirixe a concelleira Elena Espinosa, non lograron evitar que “nun número importante de xornadas a cidade teña menos bombeiros en servizo do mínimo que o propio Concello fixou, deixando nunha evidente desprotección ás viguesas e vigueses e limitando a capacidade operativa para atender calquera emerxencia”.

Desde a fronte nacionalista instan o Goberno local a “poñerse a traballar” para dotar o servizo de bombeiros do persoal necesario para atender as necesidades dunha cidade de 300 mil habitantes.




 

RÍAS BAIXAS TRIBUNA es una web de información, análisis, divulgación y crítica, contemplada en un planteamiento totalmente ajeno a lo comercial. El autor de RÍAS BAIXAS TRIBUNA no contrata publicidad alguna, ni tampoco recibe dinero alguno por la labor que realiza, lo que resulta suficientemente explicado en notas a pié de página de este site.
Salvo aquellos en donde hay referencia a sus autores o cita expresa con la firma de los mismos, todos los trabajos publicados en la web corresponden a la autoría directa del autor-director-editor de este site, o bien a hacerse eco -en todo o en parte- de informaciones, ideas, opiniones, imágenes y notas de prensa emitidas por terceros.
Sea como fuere : las opiniones vertidas en RÍAS BAIXAS TRIBUNA son de exclusiva responsabilidad de quienes las emiten y no representan, necesariamente, el pensamiento de esta publicación, por lo que el autor de esta web no se hace responsable -salvo aquellas que le son propias- de las ideas, datos, imágenes y opiniones de otros aquí reflejadas.
Nombre

-A EURORREGIÂO,229,-CORTOS Y DIRECTOS,27,-EL OCIO-TURISMO,50,-FRONTERAS,54,-LA CULTURA,61,-LA EURORREGIÓN,205,-LA VIDA,153,-Las Cosas de la Vida,2,-LAS OPINIONES,54,-LAS PERSONAS,58,-LOS DEPORTES,140,-m,1,-MAIS PORTUGAL,96,-MÁS ESPAÑA,64,-Ocio/Deportes/Espectáculos,1,-PORTADA,103,-PORTADA),262,-Y ADEMÁS...,86,+ GALICIA,1,1-EURORREGIÓN,330,10-OCIO-ESPECTACULOS,35,11-PORTUGAL TAMBIÉN,89,12-ESPAÑA TAMBIÉN,42,13-MÁS DE PORTADA,8,2-GALICIA,108,3-PORTUGAL,41,4-LAS COSAS DE LA VIDA,251,5 ASUNTOS DE PORTADA EN RÍAS BAIXAS TRIBUNA,470,5-OPINIÓN,82,6-OCIO-DEPORTES-ESPECTÁCULOS,157,7-MÁS EURORREGIÓN,151,8-EL ÚLTIMO PARTE,48,CAJÓN DE SASTRE,283,CORONAVIRUS,74,CORTOS Y LARGOS,6,CULTURA Y ESPECTÁCULOS,19,DEPORTES,311,EL ÚLTIMO PARTE,26,ESPAÑA,295,ESTAS TIERRAS Y ESTAS GENTES,12,EURORREGIÂO,16,EURORREGIÓN,35,EURORREXIÓN,39,FERROCARRIL,238,GALICIA,1125,GALICIA SUR,127,INTERNACIONAL,73,LAS COSAS DE LA VIDA,583,LOS DEPORTES,16,MAIS PORTUGAL,23,MÁS ESPAÑA,8,MÁS GALICIA,186,MASS-MEDIA,473,Medios de Comunicación,6,OCIO,173,OCIO-ESPECTÁCULOS,149,OCIO-TURISMO,219,OPINION,127,Opinión,8,OTRA PORTADA,10,PIE DE FOTO,13,PONTEVEDRA,190,PORTADA,39,PORTUGAL,573,PORTUGAL NORTE,67,PROVINCIA,617,PUNTOS DE VISTA,16,REPORTAJES,2,REPORTAJES-ARTÍCULOS,44,RETRATOS,80,SPORTING DE BRAGA,154,TAUROMAQUIA,138,VIAJES,3,VIGO,284,
ltr
item
RÍAS BAIXAS TRIBUNA: "Caso Bomberos" : “o Goberno Municipal de Vigo está instalado na absoluta ilegalidade” (Xabier P. Igrexas)
"Caso Bomberos" : “o Goberno Municipal de Vigo está instalado na absoluta ilegalidade” (Xabier P. Igrexas)
https://1.bp.blogspot.com/-UkSqx6-qdyk/YAHuexjA9rI/AAAAAAAA6sM/XpNeg68RA5gIuskC0q1_bf2B6wCt49yzACLcBGAsYHQ/w640-h392/Captura%2Bde%2Bpantalla%2B2021-01-15%2Ba%2Blas%2B19.34.42.png
https://1.bp.blogspot.com/-UkSqx6-qdyk/YAHuexjA9rI/AAAAAAAA6sM/XpNeg68RA5gIuskC0q1_bf2B6wCt49yzACLcBGAsYHQ/s72-w640-c-h392/Captura%2Bde%2Bpantalla%2B2021-01-15%2Ba%2Blas%2B19.34.42.png
RÍAS BAIXAS TRIBUNA
https://www.riasbaixastribuna.com/2021/01/caso-bomberos-o-goberno-municipal-de.html
https://www.riasbaixastribuna.com/
https://www.riasbaixastribuna.com/
https://www.riasbaixastribuna.com/2021/01/caso-bomberos-o-goberno-municipal-de.html
true
1496149115088572514
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content