Caballero llama otra vez mentiroso y vendedor de humo a Feijóo

O Goberno do Concello de Vigo alerta de que o proxecto da Xunta para o Ifevi non inclúe dotacións deportivas

Abel Caballero explicou este martes que o proxecto que a Xunta de Galicia está licitando para a ampliación do Ifevi non inclúe o módulo deportivo anunciado. O alcalde alertou de que a expropiación podería correr perigo ao realizarse en base a uns fins que agora poderían verse mudados.


O alcalde, en rolda de prensa)-

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este martes en rolda de prensa de que a Xunta de Galicia non inclúe o módulo deportivo anunciado polo presidente, Alberto Núñez Feijóo, no proxecto que está a licitación para ampliar as instalacións do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi).

“Enviamos unha carta pedindo que dixera cales eran as modificacións ao novo proxecto e a Xunta contestou onte pola tarde dicindo que o proxecto xa o temos e é o mesmo, engade que o pavillón con equipamento complementario irase concretando ao longo de 2021”, explicou o rexedor.

O proxecto enviado oficialmente ao Concello di textualmente no apartado 1.8 da Memoria: Prestacións do edificio -limitacións de uso. O edificio só porá destinarse ao uso equipamento (recinto feiral). A dedicación dalgunhas das súas dependencias a uso distinto do proxectado requirirá dun proxecto de reforma e cambio de uso (…).

“Neste momento o proxecto non leva incorporada ningunha instalación deportiva, era mentira, era exactamente o mesmo que aprobou o Padroado e a Xerencia de Urbanismo, non hai nada, Feijóo estivo en Vigo para presentar fume”, apuntou Caballero.

Ademais, o alcalde explicou que a ampliación corre risco porque o que se aprobou e o convenio di que o edificio só se poderá destinar a uso de equipamento de recinto feiral e un uso distinto requirirá un cambio de uso da zona.

Abel Caballero tamén alertou do perigo de que non sexan válidas as expropiacións. “Hai dubidas de que a expropiación o permita, porque expropiouse para outra cousa, enganaron aos deportistas e intentan enganar ao Concello”, apuntou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.