Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

BNG) Se pregunta dónde está el campo de beisbol prometido en 2016 por el regidor vigués

Hubo un tiempo en que Vigo tenía un alcalde, que en situaciones de conflicto, decía siempre : "un hombre vale, lo que vale su palabra". Ahora, en este 2021 recién estrenado, el Bloque ha exigido al actual regidor de Vigo, que cumpla una palabra, la que dio en 2016... llevaría cuatro años de promesa incumplida... dar a los del Beisbol una instalación en condiciones. Hoy, los del BNG le han exigido a Caballero que se deje de mandangas y se ponga manos a la obra...


O BNG reclama que se dote a Vigo dun campo de béisbol

Esixen que o alcalde cumpra coa palabra dada en 2016 para evitar a desaparición do único clube de elite que fica en activo.

Xabier P. Igrexas: “Un clube vigués ten que competir como local en Oviedo porque non teñen campo. Esa é a aposta do Goberno municipal polo deporte vigués”.


O Bloque Nacionalista Galego demandou esta mañá que o Concello de Vigo dote a cidade dun campo que permita a práctica deportiva do béisbol. Así o manifestou o concelleiro do BNG na cidade olívica, Xabier P. Igrexas, en rolda de prensa após a xuntanza mantida co presidente da Federación Galega de Béisbol e Sófbol, Carlos García, e representantes do béisbol vigués.

Igrexas subliñou que o béisbol é un deporte con longa tradición na cidade que leva practicándose en Vigo por volta de catro décadas e que chegou a atinxir a 300 deportistas federados e federadas. O edil explicou que após a desaparición do clube “Los Halcones” en 2019, que chegou a disputar a máxima categoría na liga estatal, o único clube en competición oficial que se mantén en activo é “Os Trasnos”. A pesar de se tratar dun clube de elite da cidade e que compite na liga estatal, “Os Trasnos” levan cinco anos sen campo no que competir na cidade, após o feche do campo de “As Plantas” en Bembrive.

“En 2016 Abel Caballero prometeu non só un novo campo senón que sería un dos mellores do Estado, pero o que temos a día de hoxe é un clube que ameaza con desaparecer como xa sucedeu con Los Halcones e que a tempada pasada tivo que xogar como local en Oviedo, a 5 horas de viaxe desde Vigo. Esta é a aposta real do Goberno municipal polo deporte vigués”, afirmou.

O portavoz municipal nacionalista reclamou que se efectivice ese compromiso para evitar a desaparición do béisbol na cidade. “Non é un problema de recursos, porque falamos dun investimento de entre 100 mil e 200 mil euros. Tampouco de espazos, porque hai pouco o alcalde anunciaba novas instalacións deportivas nos terreos que vai ceder Adif na contorna de Isaac Peral. É un problema de vontade política”, enfatizou.

Para Igrexas é “inxustificábel” que o Concello de Vigo leve dez anos se invertir un só euro de diñeiro público en garantir que o béisbol teña unhas instalacións nas que adestrar e competir para que Vigo deixe de ser a única cidade do Estado que ten un clube que compite sen campo. Neste sentido, rexeitou que esta cuestión poida resolverse a través dunha nova convocatoria de subvencións, toda vez a anterior ficou deserta. “Hai que aplicar o mesmo modelo que con outros deportes. Ten que ser o Concello quen promova un campo municipal. O resto son pantallas da fume”, reprochou.

O presidente da Federación Galega de Béisbol e Sófbol, Carlos García, demandou un compromiso por parte do Concello de Vigo a favor deste deporte, poñendo en valor a importancia dos e das deportistas viguesas nesta disciplina nos últimos anos.
García explicou que levan anos reclamando unhas instalacións que permitan competir na principal cidade galega e tamén que fagan posíbel estender este deporte entre as nenas e nenos.
Desde a federación lamentan a falla de resposta por parte do concelleiro de Deportes e do propio alcalde diante da reiterada petición. “Parece que o que se pretende é que siga reducíndose o número de deportistas federados en Vigo para non ter que facer o campo”, lamentou García.

Igrexas (BNG) y García (FGB)


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement