Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

BNG esixe acondicionen dunha vez por todas os portos de Raxó e Covelo

O BNG esixe a Portos que se deixe de parches e acondicione dunha vez por todas os portos de Raxó e Covelo, pendente desde 2009

O BNG califica de vergoña que Portos de Galiza continue coa instalación de elementos que non resolven a inseguridade viaria de Raxó, e esixe a súa retirada inmediata.

Neste sentido, o deputado do BNG Luís Bará insta a Portos de Galiza a adoptar "medidas efectivas" para mellorar a seguridade no peirao de Raxó. Tras expresar a súa sorpresa e o seu malestar, o BNG de Poio asegura que os elementos instalados son "totalmente insuficientes" e así xa llo fixeron saber á Presidenta de Portos de Galiza.
O alcalde de Poio, Luciano Sobral, calificou, pola súa banda, de "burla aos veciños e veciñas" esta actuación, que en ningún caso impedirá posíbeis futuros accidentes.

De aí que o BNG inste á Xunta de Galiza a executar o convenio asinado en 2009 polo que se comprometía a rehabilitar os peiraos de Raxó e Covelo, cun investimento de máiss de 3 millóns de euros e que, entre os seus beneficios, figura, precisamente, a mellora da seguridade peonil e viaria.

O BNG ven de presentar unha emenda aos orzamentos 2021 da Xunta para que se consigne orzamento para o acondicionamento dos Portos de Raxó e Covelo.

Bará e Sobral (dereita


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement