A Área recreativa Bouza de Miguel, situada nun lugar privilexiado para poder ver o rio Miño, atrae no municipio de Arbo numerosas persoas deseosas de disfrutar da Natureza e o aire libre; un lugar donde os mais cativos poderán realizar todo tipo de atividades e os maiores relaxarse é disfrutar das vistas e a tranquilidade que o local transmite.
O Concello de Arbo coa colaboración da Deputación provincial de Pontevedra levou a término as obras de mellora no Parque Forestal “Bouza de Miguel”.
Esta actuacion supuxo unha inversion de 31.212,88 € e a zona obxecto das obras está situada no lugar de Bouza de Miguel, parroquia de Santa María de Arbo, pertencente ao concello de Arbo, provincia de Pontevedra; obras que remataron as pasadas semanas.
A mellora do Parque Forestal de Bouza de Miguel, supón unha mellora medioambiental e do uso público do parque forestal, que permitirá aos veciños e veciñas de Arbo e visitantes do lugar, unha zona de ocio e atractivo indudable para os visitantes que durante o ano visitan o municipio, de modo a ter un motivo máis para achegarse ao territorio arbense. Así con este fin, no convenio asinado coa CMVMC establécese unha cesión mínima para o uso xeral de ditos terreos por cinco anos, informa o rexedor do Concello de Arbo, Horacio Gil Exposito.
O Concello de Arbo, asinou un convenio coa Comunidade de Montes en Man Común de Arbo, por ser os propietarios dos terreos, que permite a realización destas actuacións en solo veciñal.
Coa execución realizada preténdese acadar un múltiple obxectivo: a redución do risco de incendios, a mellora da diversidade da flora do espazo mediante o uso de especies frondosas autóctonas e conversión de piñeirais en carballeira ou fraga e o uso público, mediante colocación e instalación de diversos elementos de características construtivas integradoras co espazo forestal no que se sitúa.
Nesta segunda fase proxectouse un novo espazo instalándose un punto de recollida de residuos sólidos, a construción dun asador, a colocación dunha fonte, a creación dunha área de aparcadoiro e a instalación dun circuíto de biosaudables, de características construtivas específicas que os fan integrables neste entorno forestal, investindo tamén na súa promoción coa elaboración de material audiovisual para a divulgación do espazo
Na primeira fase, foron entre outras medidas levadas a cabo, a implantación de actuacións fronte os incendios forestais, a plantación de arbores autóctonos, a eliminación das especies de eucaliptus en faixas de defensa primaria, a instalación de elementos de xogo infantís (tirolina, tobongan con pendente, columpio adaptado a persoas con mobilidade reducida….) e a colocación de paneis informativos.
Ninguén dubida agora que o parque forestal Bouza de Miguel ven a ser unha Area Recreativa interesante para pasar un día de diversión en familia, conclue o alcalde, Horacio Gil.
0 Comentarios