Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

¿Aceptan ustedes el modelo valenciano: si o no?, pregunta Cubela al bigobierno de Deputación

 Cubela pide á Deputación de Pontevedra que aclare si acepta o modelo valenciano proposto polo sector para aprobar axudas directas á hostalería

  • Os populares presentarán mocións na institución provincial e nos concellos para que se sumen a un fondo de cooperación covid-19, no que tamén participará a Xunta.
  • “Gustaríanos que esta proposta dos hostaleiros saíse adiante, non é momento de antepoñer intereses políticos nin partidistas. É momento de sumar e unirnos”. 
  • Piden ao goberno provincial que deixe de poñer os medios institucionais ao servizo do PSOE e BNG.

O Partido Popular reclama que a Deputación de Pontevedra se sume á Xunta de Galicia e aos concellos para axudar ao sector da hostalería, seguindo o modelo valenciano e apoie crear un fondo de cooperación covid-19, no que a institución provincial aportaría o 30%, os concellos o 20% e a Xunta de Galicia, o 50%. O voceiro do grupo, Jorge Cubela, defende que “esta proposta dos hostaleiros é razoable e importante para salvar do peche ás empresas e autónomos da nosa provincia, e por iso queremos que a Deputación aclare si acepta ou non o que lle están reclamando e si vai colaborar con axudas directas”. Nesta liña, recorda que o que necesitan é liquidez inmediata, por iso hai que sumar esforzos entre todas as administracións.


Os populares, que defenderán esta moción no pleno provincial deste mes, tamén presentarán a proposta nos concellos da provincia. “Non podemos perder máis tempo, e gustaríanos que esta proposta saíse adiante. É momento de remar todos na mesma dirección, e ir contra este modelo supón ir tamén contra o propio sector”, sinala. 


Por iso, pide ao Goberno provincial que deixen de perder o tempo en “discusións e intereses partidistas. O sector propón un modelo para traballar desde todas as administracións, e por iso entendemos que é fundamental que todas se sumen”, engade. Nesta liña, recorda que a Xunta xa anunciou que se suma a este fondo covid-19, e recordou que moitos concellos tamén están amosando a súa disposición. Destacou, ademais, que “moitos concellos estamos bonificando, reducindo ou conxelando impostos e taxas e aprobando axudas, pero parece que a Deputación de Pontevedra e algúns concellos non acaban de entender a necesidade de sumar esforzos”.

Cubela pide á Deputación que non permaneza “por máis tempo de costas aos problemas desta provincia. É a única deputación galega que non aprobou a día de hoxe nin un só euro en axudas directas nin para autónomos, pemes ou hostaleiros, unha decisión totalmente incomprensible”.


Ademais, recorda que a Xunta xa ten pagadas practicamente o total das xudas solicitadas e nun tempo récord, 25 millóns para hostelería, dos 80 millóns de euros que se destinaron para autónomos e pemes, “pero non pode ser a única administración que aprobe axudas para o sector”. Por iso, na moción o PP tamén reclama ao Goberno central decisións áxiles que aporten seguridade e medidas que non só aporten liquidez ás actividades, senón que garantan a súa solvencia e salven o emprego. 


USO MEDIOS INSTITUCIONAIS AO SERVIZO DO PSOE E BNG

Por último, o voceiro popular volve a insistir ao Goberno provincial que deixe de poñer os medios institucionais ao servizo do PSOE e do BNG. “É intolerable o uso da web e redes sociais institucionais para facer publicidade partidista. A Deputación de Pontevedra non pode estar ao servizo das súas siglas, debe servir aos pontevedreses”.



Jorge Cubela, líder de la Oposición en Deputación Provincial

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement