A ver, García-Comesaña : con la que está cayendo, ¿cómo se come esto...?

No tiene ningún sentido : por un lado, la Xunta prohibe -entre otras cosas- el deporte colectivo, prohibe toda la competición que dependa de las federaciones autonómicas; reduce la hostelería casi a la nada... corta de aquí, de allí... y por otro lado, la misma Xunta se dedica a promover obras de teatro en ciudades como Santiago... ¿quien pone freno a este desmadre?.

--------------

O CDG programa funcións especiais de atención á diversidade funcional da obra ‘O charco de Ulises’ no Salón Teatro

A representación de mañá ás 20,00 h. será a denominada ‘descontraída’, con máis tolerancia respecto dos ruídos e movemento do patio do butacas

 
 
O domingo terá lugar unha función inclusiva, con lingua de signos e programas de lectura fácil, e inaugurarase o servizo de streaming co coloquio posterior ao acceso en liña do espectáculo

O Salón Teatro, en Compostela, retoma mañá O charco de Ulises, espectáculo de produción propia do Centro Dramático Galego (CDG) da Xunta de Galicia, que ofrecerá ata este domingo sete novas representacións da montaxe dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, algunhas delas especialmente dirixidas a persoas con diversidade funcional, como a denominada descontraída de mañá mércores ás 20,00 h., ou a inclusiva programada para o día 24 ás 17,30 h.

O CDG reforza deste xeito o seu como teatro público facilitándolles o acceso aos seus espectáculos a colectivos ou persoas que precisan de tratamentos e atencións especiais para gozar do teatro. Así, a denominada función descontraída de mañá desenvolverase nun ambiente máis relaxado do habitual, con media luz de sala, reforzo no persoal de acomodación e maior permisividade respecto a ruídos ou movementos de entrada e saída, de xeito de crear unha atmosfera acolledora na que se sintan cómodas persoas con déficit de atención, espectro autista ou deficiencias intelectuais ou sensoriais.

Tendo en conta que todos os horarios poderán ser modificados segundo as restricións por motivos sanitarios vixentes en cada momento, para o xoves 21 está programado un novo pase de O charco de Ulises ás 20,00 h.; o venres 22 e sábado 23 levaranse a cabo dúas novas representacións cada un dos días (ás 17,00 e ás 20,00 h.), en tanto que o domingo terá lugar unha función inclusiva, preparada en colaboración coa asociación FADEMGA-Plena Inclusión, que será apoiada por lingua de signos e por un programa de lectura fácil.

Espectáculo en liña e coloquio en streaming

O domingo 24 inaugurarase ademais o servizo de streaming do CDG, xa que ás 18,00 h. activarase a ligazón https://videoplayers.tiivii.com/cdg para acceder á gravación do espectáculo e ao coloquio posterior (19,40 h.), que será transmitido en directo. Ademais dos membros do equipo de O charco de Ulises, sumaranse a este encontro Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, e Fran Núñez, director do CDG, no marco da liña de colaboración emprendida entre os dous departamentos para difundir o teatro feito en Galicia nas comunidades galegas do exterior.

O charco de Ulises sitúa o clásico de Homero nun contexto transatlántico. A trama do texto escrito por Cortegoso en 2010, dentro do programa Iberescena e nos talleres de dramaturxia do CDG, discorre en paralelo á Odisea, xerando un diálogo co mito orixinal para tratar o fenómeno da emigración galega cun marcado compoñente poético. Ulises permanece errante durante dez anos viaxando de illa en illa, vivindo aventuras inesquecibles, entre suculentos banquetes e fermosas mulleres. A idea do regreso á patria non o abandona nunca, pero a súa vida non había transcender se non saíra dela. Así, a proposta muda Ítaca por Galicia, Troia por Buenos Aires e o Mediterráneo polo Atlántico.

Fran Paredes e Inés Salvado Gontad encarnan os papeis de Ulises e Penélope, encabezando un elenco que completan outros oito actores e actrices: Óscar Allo, Miguel Borines, Mónica Camaño, Rosalía Castro, Raquel Espada, Manuel Millán, Chusa Pérez de Vallejo e Paulo Serantes, ademais do músico Xosé Lois Romero.

No equipo artístico figuran Pablo Giráldez O Pastor no deseño de escenografía, Saturna no de vestiario, Salvador del Río na iluminación, Xosé Lois Romero no espazo sonoro, Ezequiel Merlo na Coreografía Tango, María Costas no traballo de voz, Baia Fernández na caracterización, Carmela Bueno na asistencia de dirección e Xandre Vázquez na de produción.

As entradas para asistir ao espectáculo, que permanecerá no Salón Teatro ata o 31 de xaneiro, poderán adquirirse no despacho de billetes do número 34 da rúa Nova compostelá, nos días de apertura desde dúas antes de cada función, e de xeito anticipando en liña a través da web ataquilla.com.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.