Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Silva anuncia un plan estratégico 20-21 para el Turismo en Pontevedra provincia

“Somos así de ambiciosas e ambiciosos, queremos converter á provincia no primeiro territorio intelixente certificado”, informou a presidenta da Deputación Carmela Silva, na presentación das grandes liñas de traballo do Plan Estratéxico de Turismo 2021-2023. A presidenta  detallou os obxectivos e fases de traballo do novo plan, que estará centrado na aposta pola dixitalización e no impulso do conxunto do ecosistema turístico cara un modelo de crecemento sostible en liña coa Axenda 2030. Carmela Silva subliñou “os importantes recursos que se destinarán. Só no 2021 serán 4,5 millóns de euros que, amais, se verán reforzados co financiamento europeo”.

“Para nós o turismo é un sector fundamental –destacou- e as administracións temos que ter todo organizado para que unha vez que as vacinas cheguen e haxa inmunidade suficiente como para poder recibir a un número relevante de visitantes, poidamos ter un turismo aínda máis avanzado do que impulsamos nos últimos cinco anos”. Neste contexto, a presidenta explicou que o novo Plan Estratéxico de Turismo 2021-2023 pretende dar “un salto cualitativo, fortalecer as liñas estratéxicas marcadas no anterior e camiñar cara a transformación dixital do sector turístico de xeito inclusivo e sostible, facendo fronte a tres retos: ofrecer ás persoas viaxeiras hiperconectadas do século XXI experiencias óptimas durante todo o ciclo dunha viaxe, impulsar propostas turísticas competitivas e innovadoras e identificar o destino polo desenvolvemento da cadea de valor turística”.


En concreto, a través do Plan Estratéxico 2021-2023 preténdese conseguir sete obxectivos xerais centrados nunha metodoloxía adaptada ás novas necesidades do sector, no fortalecemento da capacidade institucional en todos os niveis administrativos, na redución da fenda dixital e a desigualdade territorial na conectividade no territorio, na consolidación de esquemas colaborativos público-privados baseados na innovación e no protagonismo da big data, na interoperabilidade das solucións tecnolóxicas no territorio, na converxencia de orzamentos no marco de financiamento europeo plurianual 2021-2027 e no Plan de Recuperación e na maximización do valor que ten a marca do destino Rías Baixas. 


Ata o momento, tal e como informou a presidenta, xa está realizada a análise da oferta e da demanda, que “sitúa á provincia de Pontevedra como líder en Galicia en todos os parámetros de destino turístico”. Neste eido, a presidenta provincial recordou que conta con 281 establecementos distinguidos no SICTED, 128 entidades certificadas coa Q de calidade, 52 praias con bandeira azul, 5 portos deportivos coa mesma distinción, 52 festas declaradas de interese turístico, 5 rutas recoñecidas do Camiño de Santiago, así como o maior número de “Estrelas Michelin” da comunidade. 


Amais da análise da oferta e demanda, xa realizada, nestes momentos estase a realizar o aliñamento do Plan coa Axenda 2030 e co Plan de Sustentabilidade do destino Rías Baixas 2020-2023. O vindeiro paso, tal e como explicou Carmela Silva, será a celebración de mesas de traballo participativas, previstas para o mes de xaneiro en diferentes puntos da provincia, nas que se abordarán as perspectivas da dixitalización e a sostibilidade, así como cuestións relacionadas coa mobilidade, servizos turísticos, comercialización dixital, Axenda 2030, emprendemento rural e vixilancia tecnolóxica. Estas mesas, nas que participarán axentes turísticos, representantes institucionais e colectivos vinculados co turismo, veranse reforzadas, segundo adiantou a presidenta, con entrevistas a 20 persoas expertas nos distintos obxectivos do Plan e nos recursos estratéxicos da nosa provincia.







Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement