Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Rebelión en Guizán. Uxío anda por "a raia" y se olvida de arreglar los semáforos...

O PP reclama á Deputación o arranxo “urxente” dos semáforos na estrada provincial Peinador-Os Valos, en Mos

Nidia Arévalo critica que a deputada socialista e voceira local antepoña os intereses do seu partido a defender e buscar unha solución para os veciños de Guizán.

Jorge Cubela entende que é unha demanda xusta, e critica que co orzamento “estratosférico” que ten, a Deputación continúe sen arranxar uns semáforos.


O Partido Popular reclama á Deputación de Pontevedra que arranxe “con urxencia” os semáforos da estrada provincial Peinador-Os Valos, en Mos. Así o pediron esta mañá os deputados provinciais Jorge Cubela, Alejandro Lorenzo e Carmen Amoedo, que quixeron apoiar as reclamacións da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e dos veciños de Guizán.
“É unha demanda xusta e urxente”, sinalou o voceiro do grupo provincial, que criticou que a Deputación de Pontevedra “ten un orzamento anual estratosférico e continúa sen arranxar uns semáforos”. O que evidencia, engadiu, “un abandono claro, e un claro exemplo de inseguridade viaria e peonil”. Un abandono ao que tamén se referiu Nidia Arévalo, que dixo que “nin limpan a estrada, nin reparan a sinalización... Esgotan a paciencia dos veciños”, e todos se preguntan “como é posible que por arranxar un semáforo a Deputación de Pontevedra nos faga chegar ata aquí”.

A alcaldesa amosou tres informes elaborados pola secretaría, a intervención e a Policía Local do Concello de Mos nos que din que o semáforo pertence á Deputación de Pontevedra e é esta institución quen ten que arranxalo. Por iso, anunciou que tomarán todas as medidas necesarias para garantir que se arranxe, e incluso non descarta “ir ao xulgado”.
Os populares criticaron tamén a “despreocupación e desidia” da deputada socialista de Mos, Victoria Alonso, “e que non defenda aos veciños de Guizán”. Arévalo recorda que o que se espera dela é “que intermedie coa Deputación de Pontevedra, que se reúna cos veciños ou co concelleiro de obras, que se interese por coñecer cal é o problema e intentar resolvelo ou desbloquealo. Pero o único que fai é defender en exclusividade os intereses do partido socialista que, é evidente, son contrarios aos de Mos”.

Ademais, do de Guizán, os deputados recordaron que tamén hai uns semáforos en Torroso “que se atopan na mesma circunstancia de abandono e de falta de mantemento e reparación. Non pode ser que despois das reclamacións do Concello de Mos, a Deputación de Pontevedra continúe sen solucionalo”, cuestionou Cubela.
Recordou que o obxectivo das deputacións é axudar e apoiar aos concellos pequenos e medianos, pero o Goberno provincial “está abandonando ao Concello de Mos e aos seus veciños cun acto tan triste como é non reparar uns semáforos. Están facendo valer o peso que teñen, porque por non vivir nunha cidade de 200 mil habitantes teñen que sufrir este abandono”.



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement