Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

POIO) A Oposición levará aos Xulgados a subida do IBI aprobada polo Tripartito

O portavoz do PP de Poio Ángel Moldes anuncia que despois de que no Pleno de onte o Tripartito aprobase a subida do IBI e do IVTM e o PP de Poio votara en contra, levarán a modificación da ordenanza do IBI ante os tribunais por entender que non se axusta á legalidade vixente xa que, ademais, hai diversa xurisprudencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e de máis Comunidades Autónomas que anula “estes recargos a vivendas desocupadas”.

Desde o PP de Poio anuncian que van esgotar todas as vías xudiciais para que estas subidas de impostos non sexan efectivas e non poidan entrar en vigor.
«Pretenden subir un 25% do IBI ás vivendas desocupadas co único criterio de que nos últimos 6 meses non estea ninguén censado na vivenda pero ao ser este o único requisito que estableceron é ilegal xa que podes non estar censado nunha vivenda, por non ser a vivenda habitual, pero ter consumos de luz e de auga que indica que esa vivenda está habitada e non desocupada».
«O Tripartito non pode establecer a súa propia definición de que é unha vivenda desocupada e neste sentido irá a nosa denuncia xudicial y así o están a confirmar os distintos Tribunais».
«O noso compromiso é claro e esgotaremos todas as posibilidades políticas, administrativas e xudiciais para evitar a subida do 25% a vivendas baleiras. O PP aposta por baixar impostos o tripartito por subir impostos esa é a gran diferencia»

Os populares fan público que acudirán ao Xulgado Contencioso Administrativo, unha vez a modificación provisional aprobada onte polo Tripartito en Pleno sexa definitiva –ten que superar o trámite de exposición pública no BOP para entenderse a aprobación definitiva- para impugnar o apartado corresponde ao recargo do 25% ás vivendas desocupadas: «Pretenden subir un 25% do IBI ás vivendas desocupadas co único criterio de que nos últimos 6 meses non estea ninguén censado na vivenda pero ao ser este o único requisito que estableceron é ilegal xa que podes non estar censado nunha vivenda, por non ser a vivenda habitual, pero ter consumos de luz e de auga que indica que esa vivenda está habitada e non desocupada», indica Moldes.

Os populares afirman que si é posible que os Concellos impoñan un recargo de ata un 50% a vivendas desocupadas aínda que ningún Concello de Galicia aplica isto na práctica pero o que denuncian os populares é o que para o Tripartito é estar desocupada unha vivenda: «O Tripartito non pode establecer a súa propia definición de que é unha vivenda desocupada e neste sentido irá a nosa denuncia xudicial y así o están a confirmar os distintos Tribunais».

«Unha das nosas alegacións nos Xulgados para anular a ordenanza será basearnos en que se existe consumos de luz e de auga nunha vivenda, esa vivenda non está desocupada aínda que nela non estea censado ningunha persoa», anuncia Moldes.

Ademais, xa de por si, para o voceiro do PP de Poio a subida do 25% no IBI é inxusta e no peor momento posible: «A subida do 25% do IBI a vivendas deshabitadas parécenos desproporcionada e inxusta xa que hai veciños que teñen vivendas en Poio, incluso herdadas, que non teñen por que ser a súa vivenda habitual pero ao mesmo tempo son vivendas que ocupan de xeito esporádico, fin de semana, na temporada de verán ou durante as vacacións e agora pagarán un 25% máis no IBI».

«Veciños de Poio que traballan ou están destinados fora do noso territorio ou a típica casa dos finados avós ou pais, agora pagarán un 25% máis de IBI: é puro afán recadatorio pero ademais é ilegal», denuncia o portavoz popular.

Os populares tamén recórdanlle ao Tripartito que hai moita xente en Poio, mariñeiros e traballadores que fixeron ao seu capital, con duro esforzo e traballo, e agora terán que pagar un 25% máis de IBI nas súas propiedades nas que non estean censados.

Ademais, os populares tamén engaden a sentencia do TSJA na que declaran nulo este recargo no seguinte sentido: "Los Ayuntamientos carecen de competencias para desarrollar reglamentariamente las condiciones y requisitos establecidos en la ley de Haciendas Locales para considerar que una vivienda está desocupada".

Desde o PP de Poio anuncian que van esgotar todas as vías xudiciais para que estas subidas de impostos non sexan efectivas e non poidan entrar en vigor.

«O noso compromiso é claro e esgotaremos todas as posibilidades políticas, administrativas e xudiciais para evitar a subida do 25% a vivendas baleiras. O PP aposta por baixar impostos o tripartito por subir impostos esa é a gran diferencia», conclúe Moldes.

Ángel Moldes


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement