POIO. Moldes denuncia que el Concello es el único que sube impuestos en plena pandemia
- O portavoz do PP de Poio, Ángel Moldes, denuncia e lamenta que Poio sexa o único Concello de Galicia que en plena pandemia suba os impostos a todos e veciños, veciñas e autónomos de Poio.
- Os populares denuncian que “mentres veciños e autónomos solicitan unha rebaixa de impostos a resposta que reciben do BNG, do PSOE e de Avante Poio é unha subida do 10% nos seus vehículos tanto particulares como comerciais e outra subida no IBI”.
- Para os populares é lamentable e ata unha falta de respecto para a veciñanza que de 313 Concellos que ten Galicia, Poio sexa o único que vaia a subir as tarifas das viñetas dos vehículos e furgonetas.
- «A subida do 25% do IBI a vivendas deshabitadas parécenos desproporcionada e inxusta xa que hai veciños que teñen vivendas en Poio, incluso herdadas, que non teñen por que ser a súa vivenda habitual pero ao mesmo tempo son vivendas que ocupan de xeito esporádico, fin de semana, na temporada de verán ou durante as vacacións e agora pagarán un 25% máis no IBI».
- «Veciños de Poio que traballan ou están destinados fora do noso territorio ou a típica casa dos finados avós ou pais, agora pagarán un 25% máis de IBI: é puro afán recadatorio».
- Para os populares, en canto as bonificacións que propoñe o Tripartito, a maioría delas so buscan titulares de prensa pero nin son reais, nin van chegar ás familias de Poio e outras son impostas polos Xulgados do Contencioso Administrativo.
- «Toman os acordos sen antes consultalos coas familias e asociacións afectados e logo contan co rexeitamento dos propios colectivos por ser medidas insuficientes e incompletas».
- «Traen a este Pleno unha bonificación proposta en 2019 polo PP de Poio que xa foi aprobada en Pleno grazas aos votos de Avante Poio e do PP de Poio e cos votos en contra do BNG e do PSOE».
- «A día de hoxe descoñecemos cal é o impacto económico das medidas que anunciaron e non sabemos a cantos veciños benefician ou prexudican porque os expedientes están incompletos».
- «Coa chegada do Tripartito a Poio ao que se traduce é nun incremento continuado de taxas e de impostos. Mentres outros Concellos baixan os impostos, o Tripartito en Poio os sube», conclúe Moldes.
O portavoz do PP de Poio, Ángel Moldes, denuncia e lamenta que Poio sexa o único Concello de Galicia que en plena pandemia suba os impostos a todos e veciños, veciñas e autónomos de Poio.
«É alarmante e di moi pouco do Tripartito que Poio sexa o único Concello de Galicia que en plena pandemia súballe os impostos a toda a veciñanza e a todos os autónomos do municipio», indica Moldes.
Os populares denuncian que “mentres veciños e autónomos solicitan unha rebaixa de impostos a resposta que reciben do BNG, do PSOE e de Avante Poio é unha subida do 10% nos seus vehículos tanto particulares como comerciais e outra subida no IBI”.
«O Tripartito vai subir un 10% a viñeta de todos os vehículos e de todas as furgonetas de Poio e facendo isto demostran ter moi pouca vergoña e empatía xa que nestes tempos tan complexos para particulares e para autónomos non ten sentido este afán recadatorio que so axudará a afogar máis economicamente a moitas familias de Poio»
Para os populares é lamentable e ata unha falta de respecto para a veciñanza que de 313 Concellos que ten Galicia, Poio sexa o único que vaia a subir as tarifas das viñetas dos vehículos e furgonetas.
«Somos o único Concello de Galicia que vai subir un 10% á viñeta de todos os coches e furgonetas e que vai a aplicar un recargo do 25% a toda vivenda que non estea habitada: nós imos votar en contra destas subidas de impostos», anuncia Moldes.
En canto ao recargo do 25% do IBI: «A subida do 25% do IBI a vivendas deshabitadas parécenos desproporcionada e inxusta xa que hai veciños que teñen vivendas en Poio, incluso herdadas, que non teñen por que ser a súa vivenda habitual pero ao mesmo tempo son vivendas que ocupan de xeito esporádico, fin de semana, na temporada de verán ou durante as vacacións e agora pagarán un 25% máis no IBI».
«Veciños de Poio que traballan ou están destinados fora do noso territorio ou a típica casa dos finados avós ou pais, agora pagarán un 25% máis de IBI: é puro afán recadatorio», denuncia o portavoz popular.
Os populares tamén recórdanlle ao Tripartito que hai moita xente en Poio, mariñeiros e traballadores que fixeron ao seu capital, con duro esforzo e traballo, e agora terán que pagar un 25% máis de IBI nas súas propiedades nas que non estean censados.
Desde o PP de Poio anunciamos que imos a esgotar todas as vías para que estas subidas de impostos non sexan efectivas e non poidan entrar en vigor.
EN CANTO AS BONIFICACIÓNS PROPOSTAS POLO TRIPARTITO
Para os populares, en canto as bonificacións que propoñe o Tripartito, a maioría delas so buscan titulares de prensa pero nin son reais, nin van chegar ás familias de Poio e outras son impostas polos Xulgados do Contencioso Administrativo.
Para os populares un claro exemplo de bonificación que non vai chegar as familias de Poio é a bonificación ás familias numerosas que está condicionada a que a renta familiar conxunta non supere os 30.000€ e é a propia Asociación Galega de Familias Numerosas a que solicita que o criterio se fixe por Renta Neta Per Cápita “xa que non é o mesmo unha familia de 5, 6 ou máis de 7 membros”: «Toman os acordos sen antes consultalos coas familias e asociacións afectados e logo contan co rexeitamento dos propios colectivos por ser medidas insuficientes e incompletas».
En canto as bonificacións das Plusvalías: «Traen dúas bonificacións no imposto das Plusvalías pero o que non din é que son dúas bonificacións impostas pola xustiza xa que foi, no mes de novembro, unha maxistrada quen lle deu a razón a un veciño de Poio que impugnou unha liquidación da Plusvalía».
Os populares denuncian que o Tripartito pretende enganar aos veciños vendendo esta modificación das Plusvalías como unha bonificación pero realmente foi unha Maxistrada, do Xulgado Contencioso Administrativo, quen lle deu a razón a un veciño de Poio.
«Non hai que esquecer que hai familias en Poio que por herdar están a pagar liquidacións de plusvalías ao Concello de Poio por importes de 600€, 3.000€, 6.000€ ou ata 60.000€», recorda Moldes.
Os populares recordan que a proposta que querían as familias de Poio e que propuxo o PP de Poio fai dous plenos é máis ambiciosa xa que consiste na supresión das plusvalías: «As familias o que queren é non ter que pagarlle ao Concello de Poio polo simple feito de herdar e por iso desde o PP de Poio insistimos na supresión deste imposto tal e como fan outros Concellos».
Os populares denuncian tamén que a bonificación que o Tripartito propoñe para o IVTM xa foi aprobada grazas a proposta do PP de Poio: «Traen a este Pleno unha bonificación proposta en 2019 polo PP de Poio que xa foi aprobada en Pleno grazas aos votos de Avante Poio e do PP de Poio e cos votos en contra do BNG e do PSOE».
«O máis grave xa non é que agora o Tripartito traia de novo esta bonificación -despois de votar en contra desta mesma proposta- para sacar un novo anuncio na prensa senón que o máis grave es que esta bonificación proposta polo PP e aprobado cos votos de Avante Poio e do PP é un acordo plenario que o Sr. Alcalde, tendo a obriga de facer cumprir, non o fixo», critícalle Moldes o Alcalde Sobral.
«A día de hoxe descoñecemos cal é o impacto económico das medidas que anunciaron e non sabemos a cantos veciños benefician ou prexudican porque os expedientes están incompletos», denuncia Moldes.
«Coa chegada do Tripartito a Poio ao que se traduce é nun incremento continuado de taxas e de impostos. Mentres outros Concellos baixan os impostos, o Tripartito en Poio os sube», conclúe Moldes.
Publicar un comentario