Palco de música, en Arbo, recupera esplendor de antaño


Es un ejemplo de lo que cabe hacer en un caso así. Solo que otros, en otro lugar, habrían echado abajo el tenderete y santas pascuas. De ahí que este esfuerzo del pequeño Concello de Arbo por conservbar lo propio, sus orígenes, su patrimonio, debe de ser destacado...

O Palco de San Benito, atopase nun lugar privilexiado, no entorno da Igrexa de Santa María de Arbo, uns dos altos do municipio arbense, desde onde podemos disfrutar das vistas de parte do territorio de Arbo e a vila veciña de Melgaço, en Portugal.

As obras tiveron como obxectivo principal a restauración do referido palco, para devolver a este elemento arquitectónico unha cuberta digna, conservando os seus elementos orixinais e reparando os que estaban a ser afectados por algunha patoloxía e, sendo recuperables, sustituilos en caso necesario por outros de igual deseño que os orixinais, e sobre todo eliminando os engadidos ou transformacións sufridas que desvirtúan a súa imaxe, para garantir tambén a súa durabilidade e mantemento.

As actuacións, centráronse sobre todo na parte máis dañada, que se atopaba totalmente atacada pola corrosión, polo que foi necesaria a retirada completa para a súa posterior restauración, seguindo o esquema da sustentación orixinal.

O importe das obras foron financiadas coa achega da Deputación de Pontevedra que concedeu ao Concello de Arbo unha subvención, así como pola Diocese de Tui-Vigo dacordo ao convenio asinado o día 28.09.2020 onde esta última se comprometía a colaborar no financiamento da actuación; e finalmente o concello que achegou dos propios fondos municipais. Foi unha empresa local a encargada das obras de restauración e mellora deste entorno do Palco de San Benito, na parroquia de Santa María de Arbo.




Publicar un comentario

Publicar un comentario