Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Museo Pontevedra. Los herederos del príncipe al que los nazis chorizaron el díptico...reclaman los cuadros

O vicepresidente Mosquera explica que a Deputación actuará saeguindo as indicacións do Ministerio de Cultura.

Moi probablemente farase a devolución ao Goberno polaco en cumplimento dos tratados internacionais e do código deontolóxico do Consello Internacional de Museos


O díptico da Dolorosa e o Ecce Homo espoliado polo réxime nazi e localizado no Museo de Pontevedra ven de ser reclamado, ademais de polo Goberno polaco, polos descendentes do seu primeiro propietario, o príncipe Wladislaw Czartoryski, dono do Castelo de Goluchów onde se produciu orixinalmente o saqueo alemán. Así o confirmou hoxe o vicepresidente César Mosquera, quen sinalou que o Museo de Pontevedra devolverá ambas pezas a quen indique o Ministerio de Cultura, entidade que ten a competencia para xestionar este tipo de asuntos a nivel estatal.

Segundo destacou Mosquera, o Museo recibiu a semana pasada unha carta dos representantes da familia herdeira, actuando en nome de catro persoas, o príncipe Adam Karol Czartoryski, a condesa Maria Helena Zamoyska, o conde Zdzislaw Zamoyski e o conde Adam Zamoyski, que aseguran ser lexítimos propietarios. Segundo explican, a colección recuperada do Castelo pasou no seu momento ao Estado polaco, mais as dúas pezas atopadas no Museo non estaban incluídas na relación de venda polo que, ao seu entender, deben serlles entregadas directamente ás e aos herdeiros directos.
Unha vez recibida a carta, Mosquera explicou que o asunto derivouse aos servizos xurídicos da Deputación e tamén ao Ministerio de Cultura. “É un recurso que parece difícil de prosperar. Segundo os convenios internacionais sobre arte espoliado na II Guerra Mundial as pezas vanse devolver moi probablemente ao Goberno polaco para que este, despois, se arregle coa familia”, apuntou o responsable político do Museo, quen lembrou o código deontolóxico de museos do ICOM (Consello Internacional de Museos).

O vicepresidente subliñou que a noticia da identificación do díptico como ben espoliado xurdiu durante o confinamento pola pandemia cando Mariusz Wiśniewski, do Departamento de Patrimonio Cultural do Ministerio de Cultura e Patrimonio Nacional de Polonia, contactou co Museo de Pontevedra. Segundo a documentación que aportaba, as dúas pezas pertencían á Colección Czartoryski en Gołuchów que fora roubada polos alemáns durante a Segunda Guerra Mundial. Ambas pinturas, tras saír de Varsovia en 1944, reapareceron no comercio de arte de Madrid en 1973. Despois, ingresaron no Museo como depósito do coleccionista José Fernández López e, desde 1994, son propiedade trala compra da súa colección (313 pinturas de autores e cronoloxías diversas) grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra.
Descoñécese onde e en que momento foron adquiridas por Fernández López, pero todo parece indicar que puido telo feito nun dos establecementos da familia Maragall, a Sala Parés de Barcelona ou a Galería El Cisne de Madrid, das que era cliente habitual.

O díptico está atribuído ao pintor holandés Dieric Bouts (Ca. 1420- 1475), principal representante da Escola de Lovaina, e constitúe un bo exemplo dunha tipoloxía da que se conservan numerosos exemplares en museos e coleccións particulares, realizados polo artista, ou ben polo seu taller e imitadores. No caso das pezas do Museo a súa valoración rolda os 23.000 euros cada unha, ao facer unha estimación en base ao prezo pagado por toda a colección Fernández López (600 millóns de pesetas).
Ambos cadros estaban actualmente na sala de reserva, mais formaban parte das mostras permanentes dos edificios centrais do Museo agora clausurados. Son dúas obras significativas, que serán obxecto de exposición antes da súa devolución.





Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement