Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Museo de Pontevedra : selección de nadais da colección Filgueira Valverde

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción...

A exposición estará aberta entre o 3 de decembro e o 24 de xaneiro e amosará tarxetas postais que son “pequenas xoias de arte e de lírica de Nadal”

O Museo de Pontevedra quere ser protagonista nestas festas que veñen e vai abrir entre o 3 de decembro e o 24 de xaneiro unha atractiva exposición cunha selección de ‘nadais’ recibidos polo exdirector da institución museística, Xosé Filgueria Valverde, entre 1936 e 1996. A mostra recollerá apenas 400 das máis de 9.000 tarxetas postais da Colección Filgueira, mais dará a coñecer “pequenas xoias da arte e de lírica de Nadal”, segundo asegura a comisaria Sabela Santos Filgueira. Na sala tamén haberá tres grandes nadais -seleccionados entre os expostos- e reproducidos a tamaño xigante para que o público poida facerse unha foto.

‘Nadais. Colección Filgueira Valverde’ recolle parte da correspondencia festiva que o profesor recibíu ao longo da súa vida e que dá mostra da cantidade inxente de relacións que o poligráfo mantiña non só coa intelectualidade galega  senón tamén cara ao exterior. Entre os nadais hai remitentes de todos os ámbitos da cultura, entre os que cabería citar a figuras importantes das letras como Gerardo Diego, Torrente Ballester, Miguel Delibes, Camilo José Cela, Buero Vallejo…e en Galicia Aquilino Iglesia Alvariño, Celso Emilio Ferreiro, Valentín Paz Andrade, Manuel María, Luz Pozo Garza, María Victoria Moreno, Ramón Piñeiro, Xesús Alonso Montero, etc. 

No mundo das Artes, cabe destacar, entre outros moitos José Sesto, Caruncho, Maruja Mallo, Carlos Sobrino, o escultor Acuña, Xoan Piñeiro, Agustín Portela… Xentes da música, da política, das editoriais, arquitectos, arqueólogos e grandes institucións, condes e marquesas, amigos emigrados e académicos, todo un elenco de persoeiros que no seu día tiveron moita sona e quizais hoxe totalmente esquecidos. 

A exposición pretende poñer en valor un modo de expresión moi extendido desde os útimos anos do XIX ata fins do século XX, que é precisamente cando comeza a súa decadencia co uso extensivo das novas tecnoloxías. Está organizada en tres apartados ou seccións, unha parte dedicada a artistas plásticos, onde se atopan nadais de arquitectos, pintores, escultores e fotógrafos; unha segunda sección dedicada á poesía galega dos nadáis; e unha breve e última parte dedicada á música, con cantos de Nadal populares, poemas de Xosé Díaz Jácome, ou panxoliñas recollidas por Iglesias Vilarelle para a Coral Polifónica.

Para completar esta exposición, o Museo escolleu e reproduciu a escala xigante tres das postais, unha destinada á cativada, outra para nenos e nenas e adultos que representa un nadal clásico, e outra para aquelas persoas que celebran o Nadal e as festas desde un punto de vista humanista e laico, co fin de que o público poida facerse fotografías.





Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement